Saltar ao contido

Francisco Mascarenhas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Mascarenhas
Biografía
Nacemento15 de maio de 2000 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Cascais Editar o valor en Wikidata
Altura182 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaPortugal Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
–2022 Portimonense Sporting Clube
2022–2023   Real Oviedo-Vetusta
2022–2025   Real Oviedo
2025– Club Deportivo Eldense

Francisco Fumaça de Mascarenhas da Costa Pessoa, coñecido como Francisco Mascarenhas ou simplemente Masca, nado en Cascais o 15 de maio de 2000, é un futbolista portugués que xoga como dianteiro no Eldense, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido en Cascais, formouse nas canteiras de varios clubs portugueses como o Estoril Praia, o GDS Cascais, o Belenenses e o Portimonense.[1]

En agosto de 2022 trasladouse a Asturias, onde ingresou no Real Oviedo-Vetusta, da Segunda Federación.[2] O 26 de febreiro de 2023 debutou co primeiro equipo do Real Oviedo na Segunda División, substituíndo a Sergi Enrich na segunda metade dun empate 1-1 ante o Albacete.[3] Subiu definitivamente ao primeiro conxunto na tempada 2023/24, na que disputou un total de 39 encontros, anotando 7 goles.

Sen apenas protagonismo na primeira metade da seguinte campaña, o 2 de xaneiro de 2025 fichou polo Eldense, da mesma categoría.[4]

  1. "Francisco Mascarenhas é reforço para os sub-23 do Portimonense" (en portugués). 8 de xullo de 2020. Consultado o 19 de febreiro de 2025.
  2. "Francisco Mascarenhas, nuevo jugador del Real Oviedo Vetusta" (en castelán). 26 de agosto de 2022. Consultado o 19 de febreiro de 2025.
  3. "El Oviedo sigue atascado y el Alba saca un buen punto del Tartiere" (en castelán). 26 de febreiro de 2023. Consultado o 19 de febreiro de 2025.
  4. "Masca, nuevo jugador del CD Eldense" (en castelán). 2 de xaneiro de 2025. Consultado o 19 de febreiro de 2025.