Saltar ao contido

Francisco José de Caldas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco José de Caldas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de outubro de 1768 Editar o valor en Wikidata
Popayán, Colombia Editar o valor en Wikidata
Morte30 de outubro de 1816 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Bogotá, Colombia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPopayán 2°26′34″N 76°36′41″O / 2.442689, -76.611442 Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do Rosario
Universidade de Santo Tomás Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbotánico, astrónomo, avogado, xornalista, enxeñeiro militar, enxeñeiro Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaCaldas Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1053177 WikiTree: Caldas-25

Francisco José Caldas Tenorio Gamba Arboleda, coñecido como o Sabio Caldas, nado en Popayán o 4 de outubro de 1768 e finado en Santafé (hoxe Bogotá) o 28 de outubro de 1816, foi un científico, enxeñeiro militar, xeógrafo, botánico, astrónomo, naturalista e xornalista de Nova Granada, heroe da independencia de Colombia. Pola súa erudición e coñecementos en tantos eidos, foi coñecido entre os seus contemporáneos como O Sabio, epíteto co que pasou á historia de Colombia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Francisco José Caldas Tenorio Gamba Arboleda naceu en Popayán o 4 de outubro de 1768 no seo dunha familia de ascendencia galega, orixinaria de Caldas de Reis e Cuntis.[1] Pertencía á clase privilexiada dos crioulos ilustrados que non vían con bos ollos a presenza do vicerrei Amar y Borbón, representante da Coroa Española, debilitada pola invasión dos exércitos napoleónicos da Península Ibérica.

Casa natal do Sabio Caldas en Popayán - Cauca

Dispostos a aproveitar a oportunidade para establecer un novo goberno, os crioulos comezaron a manter unha serie de reunións para organizarse. Estas tiveron lugar na casa de José Acevedo y ómez . Non obstante, os asistentes a estas reunións descubriron que a vivenda estaba vixiada. Caldas, aproveitando a súa condición de director do Observatorio Astronómico de Bogotá, permitiu entón que se celebrasen as reunións en dito edificio.

El Florero de Llorente

[editar | editar a fonte]

Caldas formou parte do plan que iniciou o incidente que desembocaría nos feitos do 20 de xullo coñecidos como El Florero de Llorente, e que deron inicio á independencia de Colombia.

En 1811 Antonio Nariño asumiu a presidencia da Nova Granada e Caldas foi nomeado capitán do Corpo Militar de Enxeñeiros. En 1812 ascendeu ao rango de tenente coronel.

Gravado do Sabio Caldas (Museo da Independencia, Bogotá).

En 1813 foi vencellado á rebelión contra Nariño, e despois de ser derrotados os seus autores, Caldas, por temor a represalias, marchou a Antioquia onde se lle concedeu o grao de coronel e foi nomeado Director de Fábricas e enxeñeiro de armas.

Entre 1813 e 1814 encargouse das fortificacións do río Cauca, e da instalación dunha fábrica de fusís e pólvora.

En 1815 foi chamado polo entón presidente Camilo Torres, curmán seu, para encargarse da creación dunha Escola Militar en Nova Granada, e da construción de baterías, foxos e pontes nas inmediacións da capital. A finais dese ano, foi enviado por José Fernández Madrid para servir no exército do norte e fortificar os camiños de Guanacas e Quindío.

Tras a sucesión de vitorias do exército realista e a toma de Cartaxena de Indias polas forzas expedicionarias de Pablo Morillo, Caldas fuxiu cara ao sur coa intención de embarcar no porto de Buenaventura no Pacífico, xa que Popayán aínda estaba baixo control patriota. Con todo, tras a vitoria do español Juan Sámano na batalla de Cuchilla de El Tambo, Caldas foi sorprendido e apresado a dez leguas de distancia, na facenda Paispampa, para ser trasladado.

Símbolo relacionado con Caldas.
Caldas marcha ao suplicio, do pintor Alberto Urdaneta Urdaneta

Trala súa captura, foi condenado a morte polos tribunais superiores de xustiza. Ao escoitar a súa sentenza, a tradición afirma que Caldas pediu clemencia a Pablo Morillo, cuxa resposta sería "España non necesita sabios". A tradición atribúe a frase a Pablo Morillo ou Pascual Enrile Acedo, pero non está probada a súa veracidade. Tampouco está claro se a negativa ao indulto do condenado Caldas foi de Pablo Morillo oude Pascual Enrile Acedo.

Cando baixaba as escaleiras da Universidade do Rosario camiño do patíbulo, debuxou nunha parede a letra grega theta (θ).

Foi fusilado de costas o 28 de outubro de 1816 na Praza de San Francisco (hoxe Parque Santander) de Bogotá, xunto con Francisco Antonio de Ulloa. Os corpos foron enterrados na igrexa de Veracruz, onde descansaron ata 1904, cando foron atopados preto da porta da igrexa.

Guillermo Valencia, que foi representante na Cámara, solicitou á Academia Colombiana da Historia o traslado dos restos dos heroes a Popayán, chegando a esta cidade en febreiro de 1905. Os restos repousaron na igrexa de San José, despois na Catedral e finalmente, en 1940, pasaron ao Panteón dos Próceres de Popayán.

  1. "O Sabio Caldas, o científico de orixe galega que fixo historia en Colombia". 15 de outubro de 2018. Consultado o 15 de novembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Arboleda, Gustavo (2019). Diccionario Biográfico y Genealógico del Antiguo Departamento del Cauca. Bogotá: Guadalupe.
  • CALDAS, Francisco J. de. Viajes. (Viaje al corazón del Barnuevo). Minerva, Bogotá, 1936.
  • Caldas, Francisco José de. Obras CompletasArquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine. Universidade Nacional de Colombia

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]