Francisco Gallardo León
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1980 (44 anos) Sevilla, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2000 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Francisco Gallardo León, nado en Sevilla o 13 de xaneiro de 1980, é un exfutbolista e actual adestrador español que xogaba de centrocampista. Dende 2019 é o adestrador do Sevilla Atlético.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse nas categorías inferiores do Sevilla FC, sendo internacional con todas as categorías inferiores da selección española ata a sub-21. A súa primeira tempada co primeiro equipo do Sevilla foi na campaña 2001-2002, onde xogou un total de 31 partidos e marcou catro goles. O seu equipo obtivo o ascenso a Primeira División ese ano. Debutou na máxima categoría fronte ao FC Barcelona no estadio Ramón Sánchez Pizjuán.
Na tempada 2004-2005 non entraba no novo proxecto do equipo de man de Juande Ramos e foi cedido ao Getafe CF para que gañase minutos e demostrase que tiña un lugar no club de Nervión. No conxunto madrileño non terminou de despuntar debido ás lesións, malia ter un bo comezo de tempada e de conseguir o agarimo da afección.
A seguinte tempada (2005-2006) volveu ao Sevilla FC pero durante toda a primeira volta non puido nin tan sequera debutar. No mercado de inverno foise de novo cedido ao Vitória Guimarães da Superliga de Portugal sen opción de compra. Con todo non se chegou a adaptar ao club luso e ás tres semanas decidiu abandonar a disciplina do club.
Ese mesmo mes, apenas tres días despois de abandonar os portugueses, foi novamente cedido, esta vez ao Deportivo da Coruña, pedido polo adestrador Joaquín Caparrós, que xa o tivo ás súas ordes no Sevilla FC. O sevillano podía ser unha das alternativas posibles para suplir ao lesionado Juan Carlos Valerón. Ao final de tempada especulouse cun posible troco no que entrarían Gallardo e Diego Tristán, pero os rumores quedaron só en fume.
Tras disputar un total de 116 partidos en Primeira División, o Real Murcia logrou a cesión con opción de compra do interior dereito para a campaña 2006-07, con esperanzas de que axudase ao club murciano a ascender á División de honra, o cal conseguiu, aínda que na seguinte tempada retornou novamente á División de prata.
Na tempada 2008-09 Javier Clemente aparta do equipo a Gallardo e a varios xogadores, polo que en toda a primeira volta Gallardo estivo sen equipo. Finalmente, o 17 de marzo de 2009 volve ao equipo grana da man do adestrador José Miguel Campos.
A tempada 2009-10 iníciaa sen equipo, ata que o 11 de novembro de 2009 a SD Huesca fai oficial que se incorpora aos adestramentos do primeiro persoal para valorar a súa posible incorporación ao equipo. Tras unha semana adestrando co equipo, o club altoaragonés confirma a incorporación do futbolista sevillano ao persoal azulgrana. Asina un contrato ata final de tempada con opción a outra máis.
Clubs
[editar | editar a fonte]Club | País | Anos |
---|---|---|
Sevilla FC | España | 2000−2007 |
Getafe CF (cedido) | España | 2004−2005 |
Vitória SC (cedido) | Portugal | 2006 |
RC Deportivo da Coruña (cedido) | España | 2006 |
Real Murcia (cedido) | España | 2006−2007 |
Real Murcia | España | 2007−2009 |
SD Huesca | España | 2009−2011 |
Diósgyőri VTK | Hungría | 2011−2013 |
Puskás Akadémia FC | Hungría | 2013−2014 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Francisco Gallardo en bdfutbol.com
- Francisco Gallardo en fifa.com Arquivado 05 de novembro de 2012 en Wayback Machine.
- Nados en 1980
- Nados en Sevilla
- Futbolistas de Andalucía
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Sevilla Atlético
- Xogadores do Sevilla FC
- Xogadores do Getafe CF
- Xogadores do Vitória SC
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Real Murcia
- Xogadores do SD Huesca
- Xogadores do Diósgyőri VTK
- Xogadores do Puskás Akadémia FC
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores do Sevilla Atlético