Francisco Gómez de Sandoval y Rojas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Gómez de Sandoval y Rojas
Nome completoFrancisco de Sandoval y Rojas, I duque de Lerma
Nacemento1553
Lugar de nacementoTordesillas
Falecemento17 de maio de 1625
Lugar de falecementoValladolid
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónpolítico, militar e sacerdote católico
PaiFrancisco Gómez de Sandoval y Zúñiga
NaiIsabel de Borja y Castro
CónxuxeCatalina de la Cerda
FillosCristóbal Gómez de Sandoval-Rojas, Juana de Sandoval, Diego Gómez de Sandoval de la Cerda e Francisca Gómez de Sandoval y Rojas
Na rede
WikiTree: Goméz_de_Sandoval_y_Rojas-1
editar datos en Wikidata ]

Francisco Gómez de Sandoval y Rojas, máis coñecido polo seu título de duque de Lerma, nado en Tordesillas en 1553 e finado en Valladolid o 17 de maio de 1625, foi un político, cardeal e valido do rei Filipe III de España, rei de Castela, Aragón e Portugal na dinastía filipina.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do IV Marqués de Denia, Francisco Sandoval e Rojas y Zuniga, e de Isabel de Borja, filla do IV Duque de Gandía Francisco de Borja, con 3 anos fixo o seu ingreso na corte de España como paxe do Infante Don Carlos e despois foi camareiro (mozo de cámara) de Filipe II. Durante a súa estancia no palacio real, estableceu unha forte amizade co infante don Filipe, quen o nomeou Vicerrei de Valencia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Francisco Gómez de Sandoval y Rojas". dbe.rah.es ; Real Academia de la Historia. Consultado o 2022-12-21. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Benigno, Francesco (1992): L'ombra del re. Ministri e lotta politica nella Spagna del Seicento. Venecia: Marsilio Editori. ISBN 88-317-5638-9
  • Tomás y Valiente, Francisco (1982) Gobierno e instituciones en la España del Antiguo Régimen. Madrid: Alianza Universidad. ISBN 84-206-2344-X

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.