Francisco Eiroa Graña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Eiroa Graña
Nacemento1892
 Cangas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Francisco Eiroa Graña, nado en Cangas en 1892 e finado na mesma vila en 1940, foi político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carpinteiro, correspondente de Faro de Vigo en Cangas, foi administrador dos Transportes Automóbiles. Tivo carnicería e tenda de comestíbeis. Foi fundador e presidente do Recreo Marítimo (1912), presidente do pósito de Darbo e presidente da Federación de Pósitos de Galicia (1925-1926) e non aceptou a reelección en 1926. Foi presidente da Federación Agrícola do Morrazo en 1928 e secretario do III Congreso Provincial Agrario de Pontevedra que tivo lugar o 20 de outubro de 1929.

Presentouse ás eleccións de 1917 na lista que encabezaba o médico José Piñeiro. Volveu presentarse ás eleccións municipais de 1922. Foi concelleiro na ditadura de Primo de Rivera (de 1924 a 1925). O 14 de abril de 1931 proclamou a República en Cangas e o 18 de abril foi elixido alcalde. Permaneceu no cargo ata o trunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.


Predecesor:
Cecilio de la Gándara Blanco
 EscudoCangasMorrazo.svg
Alcalde de Cangas
 
1931 - 1936
Sucesor:
Agustín Jorge Etcheverri

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Castroviejo, Iago; Nores Soliño, Antonio (2005). A Nosa Terra, ed. Historia de Cangas, 1900-1936. Unha ribeira de pescadores. Vigo. p. 778. ISBN 84-96403-74-2.