Francisco Domínguez Romero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1939 Ferrol, España |
Morte | 2005 (65/66 anos) Santiago de la Ribera, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , escritor |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Francisco Domínguez Romero, nado en Ferrol en 1939 e finado en Santiago de la Ribera (Murcia) en 2005, foi un mestre e poeta galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Ferrol, de moi novo foi para Cartaxena, onde transcorreu parte da súa adolescencia. Cursou estudos de náutica en Cádiz e na Coruña; e tamén de maxisterio en Murcia. De volta en Galicia, residiu en Xinzo de Limia, e máis tarde en Corcubión, dedicado ao ensino. En Cartaxena publicou os seus primeiros poemarios bilingües ao abeiro do círculo intelectual da libraría Athenas. No Ourense dos anos sesenta, mantivo unha estreita relación, e, sobor de todo, unha fonda amizade cos escritores Carlos Casares e Antón Tovar. E xunto a eles participou, como poeta, nalgúns actos culturais e recitais de poesía. No ano 1965 tomou parte, en Barcelona, xunto a Celso Emilio Ferreiro e [Xosé Luís Méndez Ferrín]], nun ciclo de conferencias, lecturas e recitais poéticos. Unha boa parte da súa obra -poemas, artigos e comentarios- anda espallada en xornais e revistas. Foi membro das Redes Escarlata e colaborador da revista poética en rede. Publicou poemas en Dorna.
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Señales del Camino, Cartagena, 1971. (Poemario bilingüe)
- Herrumbre de los Sueños, Murcia, 1983. (Poemario bilingüe)
- 24 Poemas B.V.G, A Coruña, 2002.
- Poemas. Antología, Ourense, 2010 (Escolma bilingüe)
- Poemas de inverno. Follas Novas Edicións, Compostela, 2011
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- La Sierpe y el Laúd, Murcia, 1989.
- Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata. Difusora de Letras, Artes e Ideas, Ourense, 2003
- Sempre mar. Cultura contra a burla negra. Asociación Burla Negra, 2003