Francisco Cobas
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 14 de xuño de 1950 A Coruña | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Francisco Antonio Cobas Vázquez, coñecido como Cobas, nado na Coruña o 14 de xuño de 1950, é un exfutbolista galego, que xogaba como centrocampista. Tras xogar co Deportivo da Coruña en Primeira, Segunda e Terceira División, deixou o fútbol con só 25 anos para traballar como arquitecto técnico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista nas canteiras dos modestos clubs coruñeses Ural e Español, e en 1968 ingresou no Fabril.[1] Militou durante tres campañas no filial do Deportivo da Coruña, dúas delas na Terceira División e outra na Serie A, e foi capitán do equipo, ao tempo que estudaba a carreira de Arquitectura Técnica na Universidade da Coruña.[2][3]
Para a tempada 1971/72 subiu ao primeiro equipo, co que debutou na Primeira División da man do adestrador Arsenio Iglesias o 10 de outubro de 1971, na sexta xornada de liga ante o Sporting de Gijón no Molinón. Saltou ao terreo de xogo preto do final do encontro, substituíndo a Cervera e formou na dianteira xunto a Cortés, Bustillo, Beci e Juanito.[4] No seu segundo partido coa camiseta do Deportivo marcou o seu primeiro gol, nunha derrota por 1-4 ante o Sabadell na Creu Alta, onde bateu ao gardameta vasco Irazusta.[5] Pechou a súa primeira campaña no primeiro equipo cun total de 11 partidos e un gol, pero perdeu peso no equipo na seguinte, na que sufriu unha lesión na perna dereita da que foi operado en Barcelona polo doutor Cabot.[6] Disputou só dous encontros esa tempada, na que o equipo descendeu a Segunda.
Recuperou protagonismo na campaña 1973/74, despois de gañar a confianza de Carlos Torres, e sumou 17 encontros e un gol, pero o conxunto galego volveu descender por segundo ano consecutivo. Continuou no club na seguinte tempada, co equipo en Terceira, e co seu gol ante o Astillero converteuse no primeiro futbolista da historia do Deportivo en marcar en tres categorías diferentes, fito que só igualaron décadas máis tarde Bergantiños e Lucas.[7] Nesa campaña proclamouse campión de Terceira, logrando así o ascenso á Segunda División para a tempada 1975/76. O seu último partido disputouno o 27 de abril de 1975, contra o Lugo no Anxo Carro. Non chegou a xogar ningún partido na seguinte tempada, retirándose do fútbol con só 25 anos para dedicarse á súa carreira como arquitecto técnico.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cobas está deseando volver a jugar". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xaneiro de 1971. p. 22.
- ↑ "Multa al Turista". El Pueblo Gallego (en castelán). 1 de novembro de 1970. p. 18. Consultado o 11 de setembro de 2024.
- ↑ Narbona, Juan (20 de novembro de 1971). "Cobas, un gallego optimista" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 21 de marzo de 2025.
- ↑ "2-0: Al Gijón le "alfombraron el camino". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de outubro de 1971. p. 20.
- ↑ "jornada deportiva". La Región (en castelán) (18757). 23 de novembro de 1971. p. 25. Consultado o 11 de setembro de 2024.
- ↑ "«A esta lesion se le dio demasiada importancia»". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de decembro de 1973. p. 43.
- ↑ Palleiro, Armando (8 de setembro de 2024). "Lucas Pérez, el único deportivista en marcar en las tres categorías y en Copa". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2024.
- ↑ "«El delegado que piden en Vigo no puede ser, porque antes no fue árbitro»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 7 de abril de 1977. p. 38.