Francisco Caamaño González
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de setembro de 1908 Muros, España |
| Morte | 20 de abril de 2004 Ferrol, España |
| 25 de abril de 1977 – 1979 ← Joaquín González-Llanos Galvache – Julio Pisos Solmo → | |
| Presidente Racing de Ferrol | |
| 1953 – 1957 | |
| Actividade | |
| Ocupación | político, militar |
| Familia | |
| Fillos | Juan Caamaño |
Francisco Caamaño González, nado en Muros en 1908 e finado en Ferrol o 20 de abril de 2004, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militar, foi oficial de Intendencia da Armada. Estivo destinado en Cádiz, Cartaxena, Madrid e Ferrol. Presidiu o Racing de Ferrol entre 1953 e 1957. Na década de 1970 foi presidente da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Ferrol, e o 25 de abril de 1977 foi designado alcalde de Ferrol. Permaneceu no cargo até 1979, cando o deixou por razóns de saúde. Finou en Ferrol o 20 de abril de 2004.[1]
| Predecesor: Joaquín González-Llanos Galvache |
Alcalde de Ferrol 1977 - 1979 |
Sucesor: Julio Pisos Solmo |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Ferrol e foi pai de María Dolores, Isabel, Pilar, Francisco, Vicente e Juan Caamaño Cebreiro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 21-4-2004, p. 51.