Francisco Caamaño Deñó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Francisco Alberto Caamaño Deñó»)
Infotaula de personaFrancisco Caamaño Deñó

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Francisco Alberto Caamaño Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1932 Editar o valor em Wikidata
San Juan de la Maguana, República Dominicana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte16 de febreiro de 1973 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Cordilheira Central (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente da República Dominicana
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSan Juan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , oficial Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor em Wikidata -
Participou en
3 de setembro de 1965Guerra Civil na República Dominicana de 1965 (pt) Traducir
Desembarque em Playa Caracoles (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesClaudio Caamaño Grullón (en) Traducir (second nephew (en) Traducir)
Luis Abinader Corona (curmán segundo)
Lucía Medina (en) Traducir (curmán segundo) Editar o valor em Wikidata

Francisco Alberto Caamaño Deñó, nado en Santo Domingo o 11 de xuño de 1932 e finado na Cordilleira Central o 16 de febreiro de 1973, foi un militar e heroe dominicano que ocupou a presidencia constitucional da República Dominicana durante a guerra de abril de 1965.

Foi un dos líderes do movemento para restaurar o presidente democraticamente electo, Juan Bosch, que fora derrocado por un golpe militar patrocinado pola CIA en setembro de 1963. Esta facción de adeptos pasou a ser conñecida como Constitucionalistas, polo seu desexo de retornar a unha forma lexítima e constitucional de goberno, en oposición á xunta militar que estaba no poder.[1]

Como os Constitucionalistas tomaron con éxito Santo Domingo de Guzmán ó longo dos primeiros días do levantamento, o presidente estadounidense Lyndon Johnson ordenou a invasión polo Exército dos Estados Unidos, apelidada como Operación Power Pack, co pretexto de que a vida dos cidadáns estadounidenses precisaba ser protexida. Un factor, que estaba sen dúbida máis envolto na decisión, foi o temor de que os Constitucionalistas conducirían a un réxime comunista no país, e ese risco de "outra Cuba" era algo que non sería permitido.[1]

Durante este período, Caamaño foi de facto e de jure, o presidente da República Dominicana. Despois dalgúns meses de combates dos Constucionalistas, que estaban en menor número e desarmados polas forxas estranxeiras, Caamaño e os seus homes consentiron un acordo de reconciliación e así rematou o goberno Consitucionalista.

Enfrontando ameazas e ataques continuos durante os meses seguintes, Camaaño aceptou un acordo imposto polo goberno dos Estados Unidos. O presidente provisional dominicano, Héctor García Godoy, enviou o coronel Caamaño como adido militar da embaixada dominicana para o Reino Unido. Mentres estivo aló, foi contactado polas autoridades cubanas e fuxiu para Cuba para iniciar un grupo guerrilleiro.[2]

Durante o inverno de 1973, após varios anos permanecendo low-profile, Caamaño conduciu o desembarque dun pequeno grupo de rebeldes en Playa Caracoles, próximo de Azua e despois para as montañas da Cordilleira Central, co obxectivo de iniciar unha revolución campesiña para derrubar o presidente dominicano Joaquín Balaguer. O goberno de Balaguer era represivo e altamente centralizador nese período, lembrando moito o réxime de Rafael Trujillo no cal Balaguer fora un dos presidentes fantoches do ditador e asesores achegados.[3] Despois dalgunhas semanas de guerra de guerrilla contra o exército regular de Balaguer e após non ter recibido o apoio campesiño, Caamaño foi ferido e capturado polas forzas do goberno dominicano, e despois sumariamente executado.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Saiba mais sobre a invasão brasileira de soldados à República Dominicana". Aventuras na História. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2013. Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Caamaño Deñó, un hombre que dejó hasta su familia por la patria". EL DÍA. 
  3. "¡Necesitamos una nueva restauración!." Dominicano Libre agosto / setembro de 2006.