Francisco (nome)
Aparencia
| Francisco | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
Francisco[1][2] é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co portugués, co aragonés[3] e co castelán. A súa orixe é o xermánico *frankisk, que quere dicir 'franco, propio dos francos', o cal pasou ao latín serodio franciscus como unha adaptación do grupo étnico.[2]
En xaneiro de 2023 existían 16.596 varóns en Galicia co nome Francisco, cunha media de idade de 61,1 anos,[4] e 18 co nome Fuco, cunha media de idade de 11,6 anos.[5]
Variantes
[editar | editar a fonte]En galego tamén ten os hipocorísticos Farruco, Fuco, Paco, Pacucho, Pancho, Panchulo, Pucho, Cholo, Chuco, Pachico, Pachuco, Chicolo, Quico, Xico, Cisco, Chicho, Chisco, Fran e Francucho.[2]
Francisco noutras linguas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- 1 2 3 Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Francisco". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
<https://academia.gal/nomes>. - ↑ EDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. (en castelán)
- ↑ Nome Francisco na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Fuco na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ mieres.es (ed.). "NOMES DE PERSONA N’ASTURIANO" (PDF). Consultado o 13 de febreiro de 2026.