Francisco Puy Muñoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Puy Muñoz
Nacemento12 de xaneiro de 1936
Lugar de nacementoCambil
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Granada
Ocupaciónprofesor universitario, político e xurista
FillosPedro Puy Fraga
Na rede
Dialnet: 168906
editar datos en Wikidata ]

Francisco Puy Muñoz, nado en Cambil (Provincia de Xaén) o 12 de xaneiro de 1936, é un escritor e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito en 1958 e doutorado en 1961 na Universidade de Granada. Foi profesor de Filosofía do Dereito na Universidade de Granada e despois catedrático de Filosofía do Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1966) onde dirixiu, entre outras, a tese doutoral de Carolina Rovira. Profesor invitado das Universidades de Toulouse, Coímbra, Católica de Chile, Perugia, Nacional de Educación a Distancia, Braga e A Habana. Foi fundador da Fundación Alfredo Brañas e presidente do seu padroado dende 1990. Dirixiu un programa de investigación trienal (1999-2002) na USC sobre "Historia da Filosofía do Dereito Español", especialmente dedicado á xurisprudencia galega.

Foi elixido concelleiro de Santiago de Compostela en 1973 en representación do terzo familiar[1]. A proposta de Alianza Popular, foi membro e secretario da comisión do Estatuto dos dezaseis.

Obras[editar | editar a fonte]

  • El pensamiento tradicional en la España del siglo XVIII (1700-1760), 1961.
  • El derecho y el estado en Nietzsche, 1966.
  • Lecciones de derecho natural, 1967, 2ª ed. corr. 1970, Porto y Cía. Editores.
  • El derecho hispánico, 1973.
  • La Filosofía del Derecho en la Universidad de Santiago, 1975.
  • Derechos Humanos, 1983.
  • Tópica Jurídica, 1984.
  • Historia da Xurisprudencia Galega.
  • Ensaios acerca da nosa autoidentificación (coord.), 1990
  • Alfredo Brañas filósofo do dereito, 1998.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Doutor honoris causa pola Universidade de Santo Tomás (Chile).
  • Doutor honoris causa pola Universidade de Belgrano (Bos Aires).
  • Gran Cruz Académica pola Universidade Católica do Uruguai (Montevideo).
  • Magister Honoris Causa da Escola Xudicial de México.
  • Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort.
  • En 2011 foi investido doutor honoris causa pola Universidade Sagrado Coraçao de Bauru (Brasil)[2].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Rosario Fraga Iribarne, irmá de Manuel Fraga; é pai de Pedro Puy Fraga.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]