Francisca Linconao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisca Linconao

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisca del Carmen Linconao Huircapan Editar o valor em Wikidata
18 de setembro de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Padre Las Casas, Chile Editar o valor em Wikidata
Membro da Convención Constitucional chilena
4 de xullo de 2021 – 4 de xullo de 2022 (disolución do parlamento) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChile Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo mapuche Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , ecoloxista , Machi Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e Lingua mapuche Editar o valor em Wikidata

Francisca Linconao Huircapán, nada en Padre Las Casas o 18 de setembro de 1958,[1] tamén coñecida como Machi Linconao, é unha machi, xamán da cultura mapuche, defensora dos dereitos humanos[2][3] e política chilena. Dende 2021, representa ao pobo mapuche da Macrozona Sur nos escanos reservados da Convención Constitucional.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Caso Machi Linconao versus Palermo[editar | editar a fonte]

En 2008, presentou un recurso de protección á Sociedade Palermo Limitada, de propiedade da familia Taladriz, pola talla ilegal de árbores e arbustos do bosque nativo existente nas ladeiras do Rahue para a plantación de piñeiros.[1] As árbores e arbustos situábanse dentro do Fundo Palermo Mozo, lindeiro coa comunidade de Linconao.[4][5] A talla afectaba non só o ecosistema senón tamén un menoko, unha zona húmida considerada sagrada.[6] En 2009, a Corte de Apelacións de Temuco sentenciou ao seu favor, a cal foi ratificado pola Corte Suprema. Foi a primeira sentenza en Chile que considerou as disposicións do Convenio 169 da OIT sobre pobos indíxenas.[7]

Caso Luchsinger – Mackay[editar | editar a fonte]

No ano 2013, foi unha dos mapuche vinculadas ao crime do matrimonio Luchsinger Mackay, polo que foi detida na tarde do mesmo día do incendio onde faleceron Werner Luchsinger e Vivianne Mackay.[8] Foi acusada por terrorismo e tenencia ilegal de armas.[9] Supostamente, unha escopeta foi atopada na súa casa pola policía no medio dunha violación ao seu domicilio. Durante o xuízo, o funcionario que atopou a escopeta no domicilio da Machi nunca declarou no xuízo e non se puido lembrar o seu nome. O Tribunal desestimou os cargos, absolveu á Machi e ordenouse o pago dunha indemnización.[10]

O 1 de marzo de 2016 foi encarcerada e iniciouse un novo proceso xudicial na súa contra polos mesmos cargos.[11] Iniciou unha folga de fame o 22 de decembro de 2016 logo de estar nove meses en prisión preventiva.[12] Catorce días despois, depuxo a súa folga de fame logo de que a Corte de Apelacións de Temuco rebaixase a súa medida cautelar de prisión preventiva a arresto domiciliario.[13]

O 22 de agosto de 2017, o Observatorio para a protección dos Defensores de Dereitos Humanos da Organización Mundial Contra a Tortura (OMCT) e a Federación Internacional de Dereitos Humanos (FIDH), e o Observatorio Cidadán de Chile manifiestaron a súa preocupación por utilizar a Lei Antiterrorista contra os dez comuneiros mapuches e a Machi Francisca Linconao.[14]

O Tribunal de Xuízo Oral no Penal de Temuco absolveu a Linconao o 18 de outubro de 2017. Logo, o 29 de decembro de 2017, a Corte de Apelacións de Temuco anulou esta decisión, ordenando a reapertura do caso. O 10 de maio de 2018 foi absolta por terceira vez de todos os cargos na súa contra.[15][3]

Postulación á Convención Constitucional[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2021, reuniu as sinaturas requiridas para presentarse como candidata polo Distrito 23 da Rexión de Araucanía ás eleccións convencionais constituíntes de Chile no Servizo Electoral (Servel) en Temuco como representante do pobo mapuche nos escanos reservados para pobos orixinarios.[16][17][18] Logrou reunir o 20 % do total dos patrocinios realizados a persoas que postulan aos escanos reservados, dende Arica até Punta Arenas.[19]

Nas eleccións constituíntes realizada en Chile o 15 e o 16 de maio de 2021, Francisca Linconao obtivo o 7,15% dos sufraxios onde había votos do pobo mapuche, converténdose na candidata con máis votos entre os pobos orixinarios. Desta forma, sería unha das 7 representantes mapuches da Convención Constitucional.[20]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Francisca Linconao: “Yo no quería ser Machi”". www.theclinic.cl. Consultado o 21 de marzo de 2021. 
  2. "The Chilean government must not use antiterrorist legislation to prosecute Machi Linconao and the Mapuche". International Federation for Human Rights (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Machi Francisca Linconao". Front Line Defenders (en castelán). 11 de abril de 2018. Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  4. Faundes (2018): 98.
  5. Cayuqueo, Pedro (31 de marzo de 2016). "Francisca Linconao: Una machi con historia". La Tercera. Consultado o 21 de marzo de 2021. 
  6. Faundes (2018): 102.
  7. Faundes (2018): 97.
  8. Huenchumil Jerez (2018): 36.
  9. "Chile: Urge asegurar el debido proceso en el juicio que enfrenta la defensora indígena machi Francisca Linconao.". amnistia.org.pe (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2021. 
  10. Salgado Medina, Catalina Elisa (5 de xaneiro de 2017). "¿Quién es la Machi Francisca Linconao?". Desinformémonos (en castelán). Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  11. "Francisca Linconao (La Machi)". Business & Human Rights Resource Centre (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  12. "Francisca Linconao, activista mapuche en huelga de hambre – cimacnoticias.com.mx". cimacnoticias.com.mx. Consultado o 21 de marzo de 2021. 
  13. Chile, C. N. N. "Machi Francisca Linconao terminó su huelga de hambre". CNN Chile (en castelán). Consultado o 21 de marzo de 2021. 
  14. "Comunicado conjunto: Estado chileno debe abstenerse de utilizar la…". OMCT (en castelán). 22 de agosto de 2017. Consultado o 5 de abril de 2021. 
  15. Welle (www.dw.com), Deutsche. "Chile: condenan a comuneros mapuche por mediático crimen | DW | 05.05.2018". DW.COM (en castelán). Consultado o 21 de marzo de 2021. 
  16. Chile, C. N. N. "Machi Linconao logró reunir las firmas necesarias y presentará su candidatura constituyente". CNN Chile (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  17. "Machi Francisca Linconao inscribe candidatura como constituyente tras reunir las firmas solicitadas". BioBioChile - La Red de Prensa Más Grande de Chile (en castelán). 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  18. "Ingrid Conejeros: "Chile podría cambiar hasta su nombre en este proceso constituyente"". Interferencia (en castelán). 15 de marzo de 2021. Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  19. Ncp, Agencia De Noticias (11 de xaneiro de 2021). "Con récord de patrocinios machi Francisca Linconao inscribe su candidatura para la convención constituyente | Radio Paulina" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2021. Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  20. Chile, C. N. N. "Francisca Linconao obtiene la más alta votación para los escaños reservados del pueblo mapuche". CNN Chile (en castelán). Consultado o 17 de maio de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]