Francisca Aguirre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisca Aguirre
Francisca Aguirre en XX Bilbao Poesía.jpg
Nacemento27 de outubro de 1930
 Alacant
Falecemento13 de abril de 2019
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta e escritora
PaiLorenzo Aguirre Sánchez
PremiosPremio Nacional de Poesía e Premio Nacional das Letras Españolas
editar datos en Wikidata ]

Francisca Aguirre Benito, tamén coñecida como Paca Aguirre, nada en Alacant o 27 de outubro de 1930 e finada en Madrid o 13 de abril de 2019[1][2], foi unha poeta e narradora española en lingua castelá da denominada "a outra xeración do 50"[2]. Foi nomeada Filla Predilecta de Alacant en 2012[3], Premio Nacional de Poesía no 2011 e Premio Nacional das Letras no 2018.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi filla do pintor Lorenzo Aguirre, a quen dedicou o poemario Trescientos escalones, e que fora condeado a morte en 1942, durante o franquismo.[4][1]Estivo casada co poeta Félix Grande (1937-2014) e foi nai da tamén poeta Guadalupe Grande.[1]

A súa poesía foi traducida ao inglés, francés, italiano, portugués e valenciano. O seu primeiro poemario foi Ítaca, publicado en 1971, co que gañou o Premio de poesía Leopoldo Panero.[2][1] Desde entón, e coa excepción da década de 1980, a autora continuou publicando a súa obra de maneira ininterrompida, como se pode comprobar na relación da súa obra.

Gañou o Premio Nacional de Poesía en 2011 co seu poemario Historia de una anatomía (2010), libro co que xa gañara o Premio Miguel Hernández en 2010.

Malia que a poeta pertenceu por data de nacemento á xeración do 50 ( á que pertencen, entre outros, Jaime Gil de Biedma e José Ángel Valente (nados en 1929), Francisco Brines (1932) ou Claudio Rodríguez en (1934)) a tardía publicación do seu primeiro poemario supuxo que o seu nome se vira apartado das antoloxías da súa xeración. Como a mesma autora dicía «considero que pertenzo a esa Xeración do 98 paciente, sen présas, que como explicaba Antonio Machado, pensaba que a arte é longa e ademais non importa, porque o único importante é a vida».[4]

No ámbito temático, a poesía de Francisca Aguirre móvese por unha banda como testemuño do mundo no que vive: «De o artista non aceptar un principio de realidade está perdido. Para modificala é necesario que previamente a aceptemos. Ao longo de todos os meus libros eu tentei iso: dar noticia da miña historia».[5] Como a propia poeta declarou, «a poesía é unha ferramenta do coñecemento e serve para sacar o que levamos dentro»[4]. Doutra banda, a reflexión, dun marcado carácter existencial, únese umbilicalmente á súa mirada externa para conformar un universo propio, proteico, dual e á vez concentrado nun núcleo no que a poesía é o rastro da vida, o perenne.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía
Prosa

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Leopoldo Panero, 1971
  • Premio Cidade de Irún, 1976
  • Premio Galiana, 1994
  • Premio Esquío, 1995
  • Premio María Isabel Fernández Simal, 1998[4]
  • Premio da crítica valenciana ao conxunto da súa obra, 2001
  • Premio Alfons el Magnànim, 2007
  • Premio Internacional Miguel Hernández, 2010
  • Premio Nacional de Poesía, 2011.[6]
  • Premio Nacional das Letras Españolas, 2018 [2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Francisca Aguirre, figura silente de la poesía". Elmundo.es (en castelán). 14 de abril de 2019. Consultado o 14 de abril de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Rico, Manuel (14 de abril de 20194). "Muere a los 88 años Francisca Aguirre, poeta de la desolación y la lucidez". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 14 de abril de 2019. 
  3. Consejo local de Cultura de Alicante. Acta de la reunión ordinaria de la Comisión de Cultura y Ciencia (PDF) (Informe) (en castelán). Ajuntament Alacant Cultura. 30-7-2019. p. 3 e 7. Consultado o 27-11-2019. FRANCISCA AGUIRRE BENITO (Alicante, 27 de octubre de 1930-Madrid, 13 de abril de 2019). También conocida como Paca Aguirre, fue una escritora española, nombrada Hija Predilecta de Alicante en 2012 y Premio Nacional de las Letras en 2018 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Francisca Aguirre: "Al final lo único que merece la pena es escribir y jugarse la vida en ello"". El Mundo (en castelán). 13-11-2001. Arquivado dende o orixinal o 31-10-2010. Consultado o 14-4-2019. 
  5. Lucas, Antonio (26-6-2000). "«Si el artista no acepta un punto de realidad está perdido». Francisca Aguirre reúne su poesía completa". El Mundo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25-07-2001. Consultado o 02-1-2018. 
  6. Nota de prensa de la presidencia del Gobierno.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Marina Sáez, R. M. (2002): “El mundo clásico en la poesía de Francisca Aguirre” en Nova et vetera : nuevos horizontes de la Filología latina coordinado por A. Espigares, A. María Aldama, María F. del Barrio, Vol. 2, (Nuevos horizontes de la filología latina), ISBN 84-930825-5-4 , p. 751-759.
  • Crespo Massieu, A. (2007): “La herida absurda. Francisca Aguirre (Alicante, 1930)” en Viento sur: Por una izquierda alternativa, ISSN 1133-5637, Nº. 92, p. 117-122.
  • Federici, M. (2014): “L’arte come rifugio e presa di coscienza: un approccio alla poesia di Francisca Aguirre”, in Augusto Guarino (dir.) Le geometrie dell’essere. Identità, identificazione, diversità nella recente letteratura spagnola, Napoli, Pironti, ISBN 978-88-7937-700-3, p. 167-185.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]