Francis Cagigao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francis
Información persoal
Nome Francisco Cagigao Souto
Nacemento 11 de outubro de 1969
Lugar de nacemento Londres
Altura 1,75 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Deportivo Galicia
1984–1988 Arsenal
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1988–1989 Barcelona B 8 (0)
1989–1991 Racing de Santander 2 (0)
1991–1993 Southend United 2 (0)
1993–1994 Racing de Ferrol 27 (3)
1994–1995 Yeclano 33 (1)
1995–1999 Lemos
Selección nacional
1989 España sub-19 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Francisco Cagigao Souto, coñecido como Francis, nado en Paddington o 11 de novembro de 1969, é un exfutbolista, adestrador e dirixente deportivo anglo-galego. Dende 2020 exerce como director deportivo da Federación de Fútbol de Chile.

Formouse na canteira do Arsenal e xogou no Barcelona B, Racing de Santander, Southend United, Racing de Ferrol, Yeclano Deportivo e Lemos. Trala súa retirada foi adestrador do Lemos e traballou durante 24 anos no Arsenal, ocupando diferentes cargos relacionados coa observación e a captación de novos xogadores para o club.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Naceu en Paddington, na Cidade de Westminster, sendo fillo de dous inmigrantes da Coruña. Seu pai, Paco, fora porteiro de fútbol e defendera entre outras as porterías do Viveiro e o Fabril entre finais dos anos 50 e comezos dos 60.[1][2]

Durante a súa infancia xogaba simultaneamente en varios equipos londinienses, un deles o Deportivo Galicia, que adestraba seu pai.[3] Aos 16 anos ingresou na canteira do Arsenal, onde permaneceu ata que en 1988 fichou polo Barcelona Atlètic, co que debutou na Segunda División nun partido contra o Castellón. Marcou o seu único gol co filial barcelonista nun encontro da Copa do Rei fronte ao Racing de Santander, no que bateu ao gardameta Paco Liaño. Precisamente o Racing foi o seu seguinte equipo, aínda que dispuxo de poucos minutos no club cántabro.

En 1991 regresou a Inglaterra e militou dúas campañas co Southend United na Segunda División inglesa. En 1993 chegou a Galicia, onde asinou co Racing de Ferrol de Fernando Vázquez, que militaba por aquel entón na Segunda División B. Disputou 27 encontros co club verde, marcando 3 goles, e a continuación fichou polo Yeclano, da mesma categoría, onde foi titular durante case todos os partidos da tempada 1994/95.

Tras sufrir unha grave lesión nun nocello, instalouse en Monforte de Lemos, terra da súa muller, e alí fichou polo Lemos, que xogaba en Preferente.[1] Militou catro tempadas no club monfortino, as tres últimas na Terceira División, despois de lograr o ascenso na 1995/96.

Como adestrador e observador[editar | editar a fonte]

Tras colgar as botas comezou a súa etapa como observador do Arsenal. Compaxinou este labor co de adestrador e dirixiu durante dúas tempadas os xuvenís do Calasancio de Monforte, cos que logrou o ascenso á Liga Nacional. En maio de 2000 foi anunciado como novo adestrador do Club Lemos, na Terceira División.[4] Na súa primeira tempada á fronte, o club acadou o oitavo posto final, mentres que na segunda realizou unha das mellores campañas da súa historia, clasificándose para disputar a promoción de ascenso a Segunda B.[5] Con todo, na tempada 2002/03 non puido repetir os bos resultados e acabou dimitindo en marzo.[6]

Traballou durante 24 anos no Arsenal, 21 deles con Arsène Wenger, e logo con Unai Emery e Mikel Arteta, ocupando diferentes cargos relacionados coa observación e captación de novos xogadores. Estivo involucrado nas fichaxes de xogadores como Lauren, Cesc Fábregas, José Antonio Reyes, Santi Cazorla, Nacho Monreal, Mikel Arteta, Emiliano Martínez, Granit Xhaka, Alexis, Carlos Vela, Héctor Bellerin ou Robin van Persie entre outros.[7] Tamén exerceu como instrutor na Real Federación Española de Fútbol e entrou na xunta directiva do club canadense 1812 FC Barrie.[8][9]

En decembro de 2020 converteuse no director técnico da Federación de Fútbol de Chile, cargo de nova creación, e contratou a Martín Lasarte como adestrador da selección chilena.[10][11]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Arsenal
Racing de Santander

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Penoucos, X. R. (24 de outubro de 2017). "Francis: «Nací con un balón de fútbol siguiendo la tradición familiar»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2022. 
  2. "Francis" (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2022. 
  3. "Francis Cagigao, el cazatalentos del Arsenal" (en castelán). 25 de outubro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2022. 
  4. "Francis es el elegido para dirigir desde el banquillo al Lemos del nuevo milenio". La Voz de Galicia (en castelán) (Monforte ed.). 23 de maio de 2000. p. 49. 
  5. "El Lemos rememora viejos tiempos". El Progreso (en castelán). 28 de setembro de 2019. Consultado o 15 de febreiro de 2022. 
  6. "Francis dirigió al Lemos por última vez en el encuentro del José Arjiz". La Voz de Galicia (en castelán) (Monforte ed.). 2 de marzo de 2003. p. 12. 
  7. Labarga, Nacho (7 de agosto de 2020). "Francis Cagigao y el Arsenal separan sus caminos 24 años después". Marca (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2022. 
  8. "CURSO SUPERIOR DE FORMACIÓN DE DIRECTORES DEPORTIVOS" (PDF) (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2022. 
  9. "Former Arsenal Scout Francis Cagigao Joins 1812 FC Barrie" (en inglés). 15 de outubro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2022. 
  10. "Chile appoints former Arsenal supervisor Francis Cagigao as new national technical director" (en inglés). 23 de decembro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2022. 
  11. "Cagigao ya trabaja con Lasarte para llevar a Chile al Mundial de Catar" (en castelán). 6 de febreiro de 2021. Consultado o 15 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]