Francesca Caccini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancesca Caccini

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1587 Editar o valor em Wikidata
Florencia Editar o valor em Wikidata
Morte1640 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Florencia Editar o valor em Wikidata
Profesora
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGran Ducado de Toscana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncompositora , cantante de ópera , profesora de música , escritora , poeta , laudista , actriz Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoÓpera Editar o valor em Wikidata
MovementoMúsica barroca Editar o valor em Wikidata
ProfesoresGiulio Caccini Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoLaúde e voz Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisGiulio Caccini Editar o valor em Wikidata  e Lucia Caccini (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsSettimia Caccini (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Spotify: 69nYSTwKL3XDiUWfD4lblc Musicbrainz: eb14f97b-6b71-4fb7-af08-65481fd2c7f2 Discogs: 4028705 IMSLP: Category:Caccini,_Francesca Allmusic: mn0002288338 Find a Grave: 21521509 Editar o valor em Wikidata

Francesca Caccini, nada en 1587 en Florencia (Italia) e finada na mesma cidade en 1640, foi unha cantante, compositora, profesora de música, escritora, laudista e poeta italiana. Pertenceu á época do movemento artístico do Renacemento. Foi tamén a primeira muller en compoñer unha ópera. Tamén foi coñecida ás veces como a Ceccina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No século XVII era pouco común que unha muller tivese semellantes coñecementos, a non ser que os obtivese na casa. Foi o caso de Francesca, filla de Giulio Caccini, compositor (quen a iniciou no mundo da música), e Lucia di Filippo Gagnolandi, cantante. De feito, a súa carreira comezou con actuacións en familia coñecidas como o Concerto Caccini, pero máis adiante formou grupo coa súa irmá Settimia e o executante romano Vittoria Archile. A súa primeira actuación en público como cantante foi na banda de Henrique IV de Francia e de María de Médici en 1600. Alí seu pai participaba na organización e composición da música para a cerimonia.

En 1604, a familia Caccini ao completo viaxou a Francia. O rei Henrique IV quedou impresionado coas súas actuacións e propúxolles que quedasen na súa corte. Porén, os funcionarios florentinos opuxéronse e ela regresou a Italia, onde a súa fama seguiu crecendo. Pouco tempo despois atraeu a atención de Claudio Monteverdi, impresionado polo seu canto. En 1607 contraeu matrimonio cun membro do Camerata florentino, Giovanni Battista Signoni.

Durante este tempo empezou a desenvolver a súa habilidade como compositora. Conxuntamente co libretista Michelangelo Buonaroti (sobriño do artista) escribiu música para moitos intermedios da Corte dos Medici e tamén empezou a escribir as óperas acabadas de estrear. Antes de 1618 era unha das empregadas mellor pagadas da Corte e cobraba máis có seu pai.

En 1625, obtivo un dos seus maiores éxitos coa ópera La liberazione di Ruggiero dall'isola d'Alcina, composta para a visita do príncipe Ladislaus Sigismondo. Interpretada en Varsovia en 1628, foi a primeira ópera italiana representada fóra das fronteiras. Os datos dos últimos anos da súa vida son escasos. Existen documentos nos que aparece unha Francesca Caccini, esposa dun senador, morta en 1640, aínda que outras fontes datan o seu pasamento en 1630.

Obras[editar | editar a fonte]

Francesca escribiu cinco óperas, das cales catro se perderon. Soamente sobreviviu "La liberazione di Ruggiero",[1] a primeira ópera italiana representada fóra do país. Igualmente, compuxo obras relixiosas, seculares, vocais e instrumentais. A única colección que perdura é unha publicación de 1618, "II primo libro delle musiche".[2] Ela escribía claramente para a súa propia voz e a súa capacidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rudi Nuzzolese (2013-07-29). "Francesca Caccini 1/2 'La liberazione di Ruggiero dall'isola d'Alcina' (1996) Pro Musica Camerata". Consultado o 2019-04-23. 
  2. Henriette Feith & David Van Ooijen - Topic (2015-07-02). "O, Che Nuovo Stupor". Consultado o 2019-04-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sadie, Julie Anne e Samuel, Rhian (1995). The Norton/Grove Dictionary of Women Composers. W. W. Norton & Company.