Francesca Albanese
(2025, Bogotá conference (en) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (it) Francesca Paola Albanese 30 de marzo de 1977 Ariano Irpino (Italia) |
| United Nations Special Rapporteur on the occupied Palestinian territories (en) | |
| maio de 2022 – ← Michael Lynk | |
| Datos persoais | |
| Residencia | Tunes |
| Educación | Universidade de Pisa Escola de estudos orientais e africanos |
| Actividade | |
| Ocupación | international law scholar (en) |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Cónxuxe | Massimiliano Calì |
Francesca Paola Albanese, nada en Ariano Irpino (Avellino, Campania) o 30 de marzo de 1977, é unha avogada e académica internacional italiana.[1] O 1 de maio de 2022 foi nomeada relatora especial das Nacións Unidas para os Territorios Palestinos ocupados por un período de tres anos, que foron posteriormente renovados por outro tres.[2][3] É a primeira muller en ocupar devandito cargo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ten unha licenciatura en dereito con honras da Universidade de Pisa e unha mestría en dereitos humanos da Universidade SOAS de Londres, e está a completar o seu doutoramento en Dereito Internacional dos Refuxiados na Facultade de Dereito da Universidade de Ámsterdam.[1] É bolseira afiliada no Instituto para o Estudo da Migración Internacional da Universidade de Georgetown, asesora principal sobre migración e desprazamento forzado na organización sen fins de lucro Renacemento Árabe para a Democracia e o Desenvolvemento (ARDD), e investigadora no Instituto Internacional de Estudos Sociais da Universidade Erasmus de Róterdam.[1]
É unha firme opositora da ocupación israelí de Palestina, recomendou no seu primeiro informe que os Estados membros da ONU desenvolvan «un plan para pór fin á ocupación colonial israelí e ao réxime de apartheid». Despois da invasión israelí da Franxa de Gaza en 2023, Albanese pediu un cesamento do fogo inmediato e advertiu que os palestinos en Gaza corrían o risco dunha «limpeza étnica masiva». O 26 de marzo de 2024, informou o Consello de Dereitos Humanos da ONU que as accións de Israel en Gaza equivalían a un xenocidio.
É a responsable do informe no que se denuncia ás empresas que se lucran co xenocidio perpetrado en Gaza, entre elas as multinacionais privadas estadounidenses Alphabet (matriz de Google), Amazon, Microsoft e IBM polo seu papel na vixilancia de Israel, os fondos de investimento BlackRock e Vanguard e empresas de maquinaria e armamento militar. [4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "News & Events - University of Galway". 2022-11-06.
- ↑ Richard Falk; John Dugard; Michael Lynk (2023-01-15). Protecting Human Rights in Occupied Palestine: Working Through the United Nations. SCB Distributors. ISBN 978-1-949762-55-6.
- ↑ Tress, Luke (3 de abril de 2025). "UN set to reappoint rapporteur with history of antisemitism, anti-Israel vitriol". The Times of Israel.
- ↑ Diario, Nós (2025-07-01). "Un informe da ONU denuncia as empresas que se lucran co xenocidio en Gaza". Nós Diario. Consultado o 2025-07-16.