Francesc Homs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francesc Homs
Nacemento5 de setembro de 1969
Lugar de nacementoVic
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Autónoma de Barcelona
Ocupaciónpolítico e avogado
IrmánsMercè Homs i Molist
Na rede
IMDB: nm3816817 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Francesc Homs i Molist, nado en Vic, o 5 de setembro de 1969, é un político catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en dereito pola Universidade Autónoma de Barcelona, estivo na Federació Nacional d'Estudiants de Catalunya (FNEC) e foi membro da xunta de goberno e do claustro da UAB. Militante de Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) desde 1993, pertence á súa Executiva Nacional é á Permanente. Tamén foi membro do Consello Executivo Nacional de CiU e o coordinador do programa electoral de Convergència i Unió (CiU) nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2003 e 2010 mais relator do Estatut de 2006. Entre 1996 e 2003 foi director xeral de Asuntos Interdepartamentais do Departamento da Presidencia e membro da Comisión Executiva do Consello Económico e Social de Cataluña (CTESC). Deputado electo no Parlamento de Cataluña nas eleccións de 2003, 2006 e 2010.[1]

Foi secretario xeral da Presidencia e voceiro da Generalitat de Cataluña desde o 29 de decembro de 2010 ata o 27 de decembro de 2012, ao nomealo o presidente Artur Mas conselleiro da Presidencia e voceiro do seu goberno.

Publibou dous libros: Catalunya a judici (Ara Llibres, 2008) e Dret a decidir. Estació concert (Editorial Base, 2010). Foi tamén membro do consell asesor da Fundació Centre d'Estudis Jordi Pujol.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]