Frances Willard
Frances Willard | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 28 de setembro de 1839 |
Lugar de nacemento | Churchville |
Falecemento | 17 de febreiro de 1898 |
Lugar de falecemento | Nova York |
Causa | Gripe |
Soterrada | Rosehill Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | congregacionalismo |
Alma máter | Milwaukee-Downer College |
Ocupación | rhetorician, suffragette, sufraxista e escritora |
Pai | Josiah Willard |
Coñecida por | A Woman of the Century |
Premios | National Women’s Hall of Fame |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Frances Elizabeth Caroline Willard, nada o 28 de setembro de 1839 e finada o 17 de febreiro de 1898 foi un educadora estadounidense, ademais de escritora e activista a prol do Movemento pola Temperanza e o sufraxio feminino. A súa influencia foi fundamental na aprobación de dúas transcendentais emendas da Constitución dos Estados Unidos, a décimo oitava, que estabeleceu a «prohibición» ou «lei seca», e a décimo novena, que permitiu o voto das mulleres.[1]
Willard foi presidenta nacional da Woman's Christian Temperance Union en 1879, a primeira organización colectiva de mulleres dedicada á reforma social, e mantívose no cargo durante 19 anos. Tamén desenvolveu a lema «facer de todo», característico da WCTU, que presionaba ós seus membros a participar en cabildeo, peticións, proselitismo, publicidade e educación.[1]
A súa visión ampliaríase máis adiante para incluír entre as súas causas a axuda federal á educación, os xantares escolares de balde, os sindicatos de traballadores, a xornada laboral de oito horas, a asistencia para os pobres, o saneamento municipal e a formación de consellos de saúde, de transporte nacional, de endurecemento das leis contra a violación, de protección contra o abuso infantil,[1] e sobre a teoría da reforma agraria de imposto único de Henry George.[2]
Obra[editar | editar a fonte]
- Woman and temperance, or the work and workers of the Woman's Christian Temperance Union (1883)
- How to Win: A Book For Girls (1886)
- Nineteen beautiful years, or, sketches of a girl's life (1886)
- Glimpses of fifty years: the autobiography of an American woman (1889)
- A Classic Town: The Story of Evanston (1891)
- Woman's Christian Temperance Union. President. President's Annual Address (1891)
- Do everything: a handbook for the world's white ribboners. (¿?)
- A Wheel Within a Wheel: How I Learned to Ride the Bicycle (1895)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Willard, Frances (2002). Donawerth, Jane, ed. Rhetorical Theory by Women before 1900: an Anthology (en inglés). Rowmand and Littlefield. pp. 241–254. Consultado o 6 de marzo de 2016.
- ↑ "The Inquisitive Voter". The Great Adventure (en inglés) 4 (35). 11 de setembro de 1920.
The proposition of Henry George will do more to lift humanity from the slough of poverty, crime, and misery than all else