Frances E. Allen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Frances Elizabeth Allen»)
Infotaula de personaFrances E. Allen

(2008) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Frances Elizabeth Allen Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1932 Editar o valor em Wikidata
Peru, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte4 de agosto de 2020 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Schenectady, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Alzhéimer Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Míchigan - Master of Science (pt) Traducir (–1957)
Universidade do Estado de Nova York en Albany - graduado en ciencias (–1954) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencias da computación e computação científica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióninformática teórica , profesora universitaria , enxeñeira Editar o valor em Wikidata
EmpregadorIBM (1957–)
Universidade de Nova York
Universidade de California en Berkeley
Universidade da Califórnia em San Diego (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enCiencias da computación Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJacob T. Schwartz (1972–1982) Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Allen-46233

Frances Elizabeth "Fran" Allen, nada en Peru, Nova York, o 4 de agosto de 1932 e finada o 4 de agosto de 2020,[1] foi unha informática estadounidense e pioneira no campo de optimizar compiladores. Os seus logros inclúen traballo en compiladores, optimización de código e computación paralela. Tamén tivo un papel importante na creación de linguaxes de programación e códigos de seguridade para a Axencia de Seguridade Nacional Americana.[2][3]

Allen foi a primeira socia de IBM e en 2006 converteuse na primeira muller gañadora do Premio Turing.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Allen creceu nunha granxa en Peru (Nova York) e obtivo un máster en matemáticas pola Universidade Estatal para Profesores de Nova York en 1954.[5] Recibiu un grao en matemáticas na Universidade de Míchigan en 1957 e comezou ensinar en Peru, Nova York.[6] Endebedada polos seus estudos universitarios, uniuse a IBM o 15 de xullo de 1957, planeando quedar só ata pagar as súas débedas; porén, acabou por quedar os 45 anos que quedaban de carreira.

Allen foi asignada ao proxecto Harvest para descifrar código coa Axencia de Seguridade Nacional en 1959 e traballou nunha linguaxe de programación chamado Alpha.[7] Dirixiu o equipo de optimización do compilador tanto para Harvest como para o proxecto Stretch. Na década de 1960 contribuíu ao proxecto ACS-1 e na década de 1970 a PL/1. De 1970 a 1971, pasou un ano sabático na Universidade de Nova York e exerceu como profesora adxunta durante uns anos despois. Outro ano sabático levouna á Universidade de Stanford en 1977.[8]

Allen converteuse na primeira socia de IBM en 1989. En 2007 IBM creou o Premio Doutor da Camaradería na súa honra e no 2006 obtivo un premio Turing.

A cita do Premio Turing di:

O traballo de Fran Allen tivo un enorme impacto na investigación e práctica do compilador. Tanto soa como en colaboración con John Cocke, introduciu moitas das abstraccións, algoritmos e implementacións que sentaron as bases para a tecnoloxía de optimización automática de programas. O artigo de Allen de 1966, "Optimización do programa", sentou as bases conceptuais para a análise sistemática e a transformación dos programas para as computadoras. Este artigo introduciu o uso de estruturas teóricas gráficas para codificar o contido do programa para derivar relacións de maneira automática e eficiente e identificar oportunidades para a optimización. Os seus artigos de 1970, "Control Flow Analysis" e "A Basis for Program Optimization" estableceron "intervalos" como o contexto para unha análise e optimización de fluxo de datos eficiente e efectivo. O seu artigo de 1971 con Cocke, "Un catálogo de transformacións optimizadas", proporcionou a primeira descrición e sistematización das transformacións optimizadoras. Os seus artigos de 1973 e 1974 sobre análises de fluxo de datos interprocedurales estenderon a análise a programas completos. O seu artigo de 1976 con Cocke describe unha das dúas principais estratexias de análises empregadas na optimización de compiladores de hoxe. Allen desenvolveu e implementou os seus métodos como parte de compiladores para IBM STRETCH-HARVEST e o sistema experimental avanzado de computación. Este traballo estableceu a viabilidade e a estrutura dos optimizadores modernos independentes da máquina e a linguaxe. Logo estableceu e dirixiu o proxecto PTRAN na execución automática paralela dos programas FORTRAN. O seu equipo PTRAN desenvolveu novos esquemas de detección de paralelismo e creou o concepto do gráfico de dependencia do programa, o método de estructuración principal utilizado pola maioría dos compiladores de paralelización.
Association for Computing Machinery (ACM), cita de A.M. Premio Turing 2006

Premios e honras[editar | editar a fonte]

Fran Allen recibindo o Premio Discurso Distinguido Erna Hamburger en EPFL, 6 de maio de 2008

Allen é socia do IEEE e a Asociación dos Sistemas Informáticos (ACM). No ano 2000, foi nomeada Socia do Museo Histórico de Computadores, "polas súas contribucións por optimizar a programación e compilar para ordenadores paralelos".[9] Forma parte da Xunta de Telecomunicacións e Informática, a xunta da Asociación da Investigación Informática (CRA en inglés) e o consello consultivo do sector dedicado á Informática e o TIC da Fundación de Ciencia Nacional Estadounidense. É membro da Academia Nacional de Enxeñaría e a Sociedade Filosófica Estadounidense. Foi elixida socia da Academia Estadounidense das Artes e das Ciencias en 1994.[10]

En 1997, Allen foi incorporada ao Salón da Fama das Mulleres na Tecnoloxía.[11] Retirouse de IBM en 2002 e ese ano gañou o Premio Augusta Ada Lovelace da Asociación de Mulleres Informáticas.

En 2007 Allen estivo recoñecida polo seu traballo en informática de alto rendemento cando recibiu o Premio Turing en 2006.[12] Por isto converteuse na primeira muller en gañar o premio de corenta anos de historia, o cal está considerado o equivalente do Premio Nobel para a computación e é outorgado pola Asociación dos Sistemas Informáticos. Foi galardoada cun Doutoramento de Honra en Ciencia na Gala de Inverno da Universidade SUNY de Albania.[13][14][15][16][17] Na entrevista tras obter devandito premio, Allen esperaba que daría máis "oportunidades ás mulleres na ciencia, na informática e na enxeñaría".[18] En 2009 foille outorgado un Doutoramento de Honra en Ciencia da Universidade McGill polas súas "contribucións pioneiras á teoría e práctica de optimizar técnicas de compilación que forxou a base para optimizar compiladores modernos e a execución paralela automática". Na súa conferencia presentada a ACM, Allen describiu o seu traballo.[19]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Allen casou co profesor da Universidade de Nova York Jacob T. Schwartz en 1972.[20] Divorciáronse dez anos despois. Non tivo fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Remembering Frances Allen". IBM. 5 de agosto de 2020. 
  2. IBM Corporation, "IBM Fellow becomes first woman to receive A.
  3. Crump, Micheal, "Frances Allen's Computer Tipping", UAB Kaleidoscope magazine, University of Alabama at Birmingham, 21 de setembro de 2009.
  4. L., Jr., Guy (1 de xaneiro de 2011). "An Interview with Frances E. Allen" 54 (1): 39–45. ISSN 0001-0782. doi:10.1145/1866739.1866752. Consultado o 8 de agosto de 2016. 
  5. Lohr, Steve (6 de agosto de 2002)
  6. Lasewicz, Paul (5 de abril de 2003)
  7. "An interview with Frances E. Allen" 54. 2011: 39. doi:10.1145/1866739.1866752. 
  8. "Frances Allen interview transcript" (PDF). 5 de abril de 2003. Consultado o 18 de agosto de 2017. 
  9. "Frances Allen". Computer History Museum. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2013. Consultado o 23 de maio de 2013. 
  10. "Book of Members, 1780-2010: Chapter A" (PDF). American Academy of Arts and Sciences. Consultado o 15 de abril de 2011. 
  11. "WITI Hall of Fame". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2007. Consultado o 23 de febreiro de 2007. 
  12. "Turing Award Citation". Association for Computing Machinery. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2009. Consultado o 25 de setembro de 2010. 
  13. Perelman, Deborah (27 de febreiro de 2007). "Turing Award Anoints First Female Recipient". eWEEK (Ziff Davis Enterprise). Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2020. Consultado o 5 de novembro de 2007. 
  14. Associated Press (21 de febreiro de 2007).
  15. "First Woman to Receive ACM Turing Award". The Association for Computing Machinery. 21 de febreiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2012. Consultado o 5 de novembro de 2007. 
  16. Lombardi, Candace (26 de febreiro de 2007). "Newsmaker: From math teacher to Turing winner". Consultado o 5 de novembro de 2007. 
  17. Marianne Kolbasuk McGee (26 de febreiro de 2007, online 24 de febreiro de 2007). "There's Still A Shortage Of Women In Tech, First Female Turing Award Winner Warns". InformationWeek (CMP Media). Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2020. Consultado o 5 de novembro de 2007. 
  18. Thomas, Jeffrey (16 de marzo de 2007). "Turing Award Winner Sees New Day for Women Scientists, Engineers". Bureau of International Information Programs, U.S. Department of State. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2008. Consultado o 5 de novembro de 2007. 
  19. Allen, Frances E. 2006 Turing Award Lecture. ACM. 
  20. Abbate, Janet (2 de agosto de 2001). "Oral-History:Frances "Fran" Allen". New Brunswick, New Jersey. Interview #573 for the IEEE History Center. Consultado o 16 de abril de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]