Fran Peleteiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Fran Peleteiro
Peleteiro americana.jpg
Nacemento 1979
Lugar Vigo
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

Fran Peleteiro, nado en Vigo en 1979, é un actor galego. Ao longo da súa carreira ten traballado con actores e actrices como Antonio de la Torre, Luís Tosar, María Vázquez, Karra Elejalde, Alberto Amman, Inma Cuesta, Celso Bugallo ou Carmelo Gómez, entre outros e outras.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na súa filmografía figuran filmes como A Praia dos Afogados de Gerardo Herrero, Invasor de Daniel Calparsoro, Personal Movie de Héctor Carré; telefilmes como Outro máis de Ricardo Llovo, Tres días en abril de David Alonso e teleseries como Aída ou Matalobos.

Fran Peleteiro vintage.jpg

A súa traxectoria non se limita ao audiovisual senón que vai paralela aos seus case vinte anos de actividade escénica, onde ten traballado como actor con La Cubana, con Leo Bassi, La Fura dels Baus, Artello teatro, A Factoría, Disque Danza ou o Centro Dramático Galego, como cantante en espectáculos musicais como El Libro de la Selva ou a Powell Ópera de Frank Leibovici. Tamén é autor de varias comedias, dous dramas e un musical; encargándose tamén da dirección escénica de varias delas.

Formado nos diferentes grupos e escolas de Vigo dende que tiña cinco anos, obtén o Título Superior de Arte Dramática pola ESAD de Galicia no 2009. Conta ademais cunha sólida formación complementaria en canto, danza e interpretación con mestras como Ana Senra, Nuria Gullón, Elena Atienza, Olga Cameselle, Mariano Barroso, Maga Martínez, Iñaki Aierra, Arnold Taraborreli, Dani Salgado, Olga Magaña, Afonso Becerra, Elisenda Renom, Andreu Reich, Marión Sarmiento, Cristina Domínguez, Mariana Carballal, Carmen Portaceli ou Will Keen.

Aparicións[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Documental[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

  • Tupper (2014) Curtametraxe
  • Vivamos como Galegos (2012) Publicidade
  • Sony Tv Entertaiment Portugal (2010) Publicidade
  • Os malos hábitos (2010) Curtametraxe
  • Claudia 5.0 (2010) Mediametraxe
  • Puzzle (2010) Curtametraxe
  • Leccións de cousas (2010) Videocreación
  • Corto nº 3 (2009) Curtametraxe
  • The Charlines (2009) Curtametraxe
  • ¿Dónde vas Soledad? (2009) Curtametraxe
  • Crimen S.A (2009) Curtametraxe
  • O labirinto ario (2008) Mediametraxe
  • Coma sempre (2007) Curtametraxe
  • Tosca (2007) Curtametraxe

Textos[editar | editar a fonte]

  • Os Clocló. A arte de vivir pola cara (2013, Morgante).
  • Galicia Caníbal: O Musical (2012)
  • Señora Carme (2011) Finalista do Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega
  • Tres ao cubo (2009)
  • Filosofá (2006)
  • Xoguetes (2004) Gañadora do Premio Estornela de Teatro Infantil

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]