Saltar ao contido

Fran Nogueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFran Nogueira
Nome orixinalFranciso José Nogueira Maneiro
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,80 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro


Franciso José Nogueira Maneiro, coñecido como Fran Nogueira, nado en Ferrol o 4 de agosto de 1972, é un exfutbolista galego, que xogaba de dianteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira do Racing de Ferrol e debutou co primeiro equipo na Terceira División na tempada 1990/91. Xogou tamén dous partidos da Copa do Rei contra o Lugo, marcando dous goles no primeiro deles no antigo estadio Manuel Rivera, que contribuíron á clasificación do equipo verde para a seguinte rolda. Ao ano seguinte logrou o ascenso á Segunda División B, e as súas boas actuacións chamaron a atención do Celta de Vigo, que o incorporou en 1992 ao seu filial, o Celta Turista, que militaba tamén na Segunda B.[1]

Tras dúas tempadas en Vigo, nas que chegou a debutar co primeiro equipo celeste nun partido da Copa do Rei contra o Gramenet, da man do adestrador Txetxu Rojo, regresou en 1994 a Ferrol, para vestir de novo a camiseta do Racing, adestrado por Luis Rodríguez Vaz.[1] Compartiu dianteira con Pazolo, e fixo 9 goles, contribuíndo ao primeiro posto dos ferroláns, que non conseguiron ascender na posterior fase de promoción. Xogou dúas tempadas máis no Racing, disputando outra promoción infrutuosa.

En 1997 fichou polo Leça, da Primeira Liga de Portugal. Militou catro anos no club de Leça da Palmeira, os dous últimos na segunda división, e marcou 30 goles. No verán do ano 2000 volveu a Ferrol, para comezar a súa terceira etapa no Racing, desta vez na Segunda División.[2] Disputou 65 encontros durante os seguintes dous anos no equipo de Luis César, e marcou 18 goles.

A partir de 2003 pasou por varios equipos da xeografía española (Ciudad de Murcia, Logroñés, Mirandés e Cartagena), antes de regresar a Galicia en xaneiro de 2005, fichando polo Ourense.[3] Na tempada 2005/06 xogou co Cerceda na Terceira División, colgando as botas ao remate da campaña.[4]

  1. 1,0 1,1 "El delantero Fran retorna a la primera plantilla racinguista". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 9 de xuño de 1994. p. 53. 
  2. "Fran Nogueira, dispuesto a pelear por la titularidad". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 26 de xullo de 2000. p. 38. 
  3. "Fran Nogueira se convierte en el primer fichaje del Ourense". La Voz de Galicia (en castelán) (Ourense ed.). 29 de xaneiro de 2005. p. 33. 
  4. "El delantero Gonzalo Sueiro, del Ourense, ficha por el Cerceda". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 16 de xullo de 2006. p. L8. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]