Françoise Gilot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Françoise Gilot
Françoise Gilot.jpg
Nome completoMarie Françoise Gilot
AlcumeGilot, Francoise
Nacemento26 de novembro de 1921 e 1921
Lugar de nacementoNeuilly-sur-Seine
NacionalidadeFrancia e Estados Unidos de América
Alma máterEscola Nacional Superior das Belas-Artes, Universidade de Cambridge, Universidade de París e University of London Institute in Paris
Ocupaciónpintora, modelo, ilustradora, crítico de arte e artista
CónxuxeLuc Simon, Jonas Salk e Pablo Picasso
FillosPaloma Picasso e Claude Picasso
PremiosOficial da Lexión de Honra, officier de l'ordre national du Mérite, Commandeur des Arts et des Lettres‎, Cabaleiro da Lexión de Honra e Commander of the National Order of Merit
Na rede
https://francoisegilot.com
IMDB: nm1468795 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Françoise Gilot, nada en Neuilly-sur-Seine o 26 de novembro de 1921, é unha pintora, crítica de arte e escritora francesa. En 1973 converteuse na directora de arte da revista académica Virginia Woolf Quarterly.[1] En 1976 uniuse á xunta do Departamento de Belas Artes da Universidade do Sur de California.[2] Recibiu a medalla Lexión de Honra, unha das maiores distincións en Francia. É coñecida por sobrevivir a dez duros anos de relación con Pablo Picasso.[3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 26 de novembro de 1921 en Neuilly-sur-Seine, Francia, filla de Emile e Madeleine Renoult-Gilot. O seu pai foi empresario e agronomista, e a súa nai acuarelista. O seu pai, estrito, quixo que Gilot fose avogada, pero a súa nai, cando manifestou o seu interese pola arte, ensinoulle a pintar. Estudou filosofía e literatura inglesa na Universidade de Cambridge e o Instituto da Universidade de Londres en París.[5][6] O seu pai instouna a completar os seus estudos de lei internacional en Rennes. Gilot non acudía ás clases para poder dedicar ese tempo a estudar arte e aos dezanove anos abandonou a carreira definitivamente para dedicar a súa vida a este.[5]

Foi brevemente detida tras realizar o acto político de deixar flores na Tumba dos descoñecidos, polo que o seu nome foi escrito nunha lista de alborotadores, algúns dos cales posteriormente foron executados polos alemáns.

Gilot divide o seu tempo entre Nova York e París, e continúa exhibindo o seu traballo internacionalmente.[7]

Traxectoria artística[editar | editar a fonte]

Françoise Gilot foi introducida á arte a unha temperá idade pola súa nai e avoa. A súa avoa celebrou unha festa Françoise tiña cando aproximadamente cinco anos, onde un home chamou a atención de Gilot, e preguntou á súa avoa de quen se trataba. O home resultou ser un pintor, Emile Mairet, con quen o pai de Gilot desenvolveu unha estreita relación, e Françoise a miúdo uníase a eles para visitar o seu estudo.[5][8][9] Á idade os seis anos a nai de Françoise comezou a darlle clases de arte, aínda que non lle ensinou a debuxar. A súa nai pensaba que os artistas se volvían moi dependentes das ferramentas de borrar, polo que lle ensinaba con materiais como acuarelas e tinta india, de modo que si equivocábase debía convertelo en parte da súa obra. Ao trece anos comezou a estudar con Mlle Meuge, o que se prolongou durante seis anos.[5] Á idade de catorce foille introducida a cerámica, e un ano máis tarde estudou co pintor Posimpresionista Jacques Beurdeley.[9] Con vinte e un anos coñeceu a Picasso. A pesar de que Picasso influenciou a obra de Françoise Gilot como pintor cubista, esta desenvolveu un estilo propio. Evitaba os bordos afiados e formas angulares que Picasso adoitaba utilizar e, en cambio, utilizaba figuras orgánicas. Durante a guerra, o pai de Gilot tratou de salvar as súas pertenzas máis valiosas trasladándoas, pero o camión foi bombardeado polos alemáns, producindo a perda dos debuxos e acuarelas da artista.[10]

Relación con Picasso[editar | editar a fonte]

Gilot e Picasso coñecéronse na primavera de 1943, cando ela tiña 21 anos e el 61. Naquela época Gilot estaba a labrarse un nome na escola de arte, e xa vendía a súa obra.[11][10] A parella de Picasso naquel momento era Dora Maar, quen se viu substituída pola nova artista. Despois de coñecerse, Gilot mudouse con el en 1946. A súa relación durou case dez anos. Picasso pintou A femme-fleur, e despois o seu amigo Matisse, a quen lle gustaba Gilot, anunciou que crearía un retrato dela, no que o seu corpo sería dun pálido azul e o seu cabelo de cor verde folla.

Varios historiadores de arte consideran que foi a relación con Picasso a que cortou a súa carreira artística. Cando Gilot deixou a Picasso, el dixo a todos os comerciantes de arte que coñecía que non comprasen a obra de Gilot, mentres que Gilot fixo saber que o feito de que a identificasen en relación con Picasso ou como amiga de Matisse resultáballe prexudicial como artista.[11]

Picasso e Gilot nunca casaron, pero tiveron dous fillos xuntos porque el prometeu coidalos e amalos. O seu fillo, Claude, naceu en 1947 e a súa filla, Pomba, naceu en 1949.[10] Durante o seu dez anos xuntos Gilot era a miúdo acosada nas rúas de París pola muller legal de Picasso, Olga Khokhlova. En 1964, 11 anos despois da súa separación, Gilot escribiu Vida con Picasso (co crítico de arte Carlton Lake), un libro que vendeu máis dun millón de copias en ducias de linguas, a pesar das fracasadas accións legais de Picasso para tratar de parar a súa publicación.[12] A partir de entón, Picasso rexeitou ver Claude e Pomba nunca máis. Todos os beneficios do libro foron destinados a axudar a Claude e Pomba a facer un requirimento para ser recoñecidos como herdeiros legais de Picasso.[13]

Obra literaria[editar | editar a fonte]

  • Vida con Picasso (con Carlton Lake), McGraw-Hill, 1964, ISBN 9788493803483 
  • Sur a Pierre (poemas e litografías), Montcalm Gallery, 1972
  • Lle Regard et son Masque, Calmann-Levy, 1975, ISBN 978-2702100929 
  • The Fugitive Eye (poemas e debuxos), Prensa Aeolia, 1976, ISBN 978-0893630249 
  • Interface: The Painter and the Mask, Prensa da California State Univertsity, 1983, ISBN 978-0912201030 
  • An Artist's Journey, The Atlantic Monthly Press, 1987, ISBN 978-0871132154 
  • Matisse & Picasso, A Friendship in Art, Doubleday, 1990, ISBN 978-0747507604 
  • 1946, Picasso et a Mediterranee retrouvee (con Maurice Frechuret), Gregoire Gardette Editions, 1996, ISBN 978-2909767086 
  • Françoise Gilot. Monographie 1940-2000 (con with Mel Yoakum, Tese Doutoral), Acatos, 2000, ISBN 978-2940033362 
  • Dans L’Arene avec Picasso (con Annie Maillis), Editions Indigene, 2004, ISBN 978-2911939471 
  • Françoise Gilot - traballos 1984-2010, ArtAcatos, 2011

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Faughnan, Ally (3 de xuño de 2019). "Eight female artists who should be as celebrated as their artist partners". Dazed (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2019. 
  2. "Françoise Gilot". Concha Mayordomo (en castelán). Consultado o 2 de novembro de 2019. 
  3. Brown, Mick (19 de marzo de 2019). "Françoise Gilot, la única mujer que 'sobrevivió' a Picasso". El Confidencial (en español). Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2019. Consultado o 3 de novembro de 2019. 
  4. Pulido, Natividad (14 de agosto de 2019). "Françoise Gilot, la única mujer que huyó de Picasso". ABC (en español). Consultado o 3 de novembro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Françoise Gilot". The F. Gilot Archives (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2019. 
  6. "Françoise Gilot (1921)". Mujeres Bacanas (en español). Consultado o 02 de novimienbre de 2019. 
  7. Kazanjian, Dodie (27 de abril de 2012). "Life After Picasso: Françoise Gilot". Vogue. Consultado o 8 de decembro de 2019. 
  8. Lancher, Irene (6 de marzo de 1991). "A Place of Her Own : Culture: Francoise Gilot, Picasso’s former lover and Jonas Salk’s wife, wants to be known not as the companion of great men, but as their equal.". Angeles Times (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2019. 
  9. 9,0 9,1 Gilot, Françoise, Monograph 1940-2000.
  10. 10,0 10,1 10,2 Françoise Gilot Painting — Malerei, 2003
  11. 11,0 11,1 Brockes, Emma. "'It was not a sentimental love': Françoise Gilot on her years with Picasso". The Guardian (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2019. 
  12. Doyle, Sady (8 de decembro de 2016). "Bertolucci Wasn't The First Man To Abuse A Woman And Call It Art And He Won't Be The Last". ELLE (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  13. Kimmelman, Michael (28 de abril de 1996). "Picasso's Family Album". The New York Times Magazine (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]