François de Bassompierre
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de abril de 1579 Haroué |
| Morte | 12 de outubro de 1646 (67 anos) Provins |
| Embaixador | |
| Governor of the Bastille (en) | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Catolicismo |
| Actividade | |
| Ocupación | diplomático, militar |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Exército de terra |
| Rango militar | Marechal de França (pt) |
| Familia | |
| Cónxuxe | Louise-Marguerite de Lorraine |
| Fillos | Louis de Bassompierre |
| Pais | Christophe II de Bassompierre, Baron de Bassompierre |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Bassompierre, François de |

François de Bassompierre, nado no castelo de Harrouel (Lorena) o 12 de abril de 1579 e finado o 12 de outubro de 1646, foi un militar e diplomático francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Educouse en Baviera e Italia e en 1598 entrou na corte de Henrique IV de quen se converteu en favorito, en 1600 participou na campaña de Savoia e en 1603 loitou contra dos turcos en Hungría. Tras a morte de Henrique IV permaneceu leal á rexente, María de Medicis ata que Lois XIII asumiu o trono en 1617. Foi embaixador en España extraordinario en España para resolver o conflito da Valtelina e asinou o Tratado de Madrid. Foi tamén embaixador en Suíza (1625) e Inglaterra (1626).
Loitou contra dos hugonotes (1621-1622) e polas súas accións conseguiu o ascenso a mariscal de Francia. Participou no sitio de La Rochelle (1628) e en 1629 participou na campaña contra os rebeldes do Languedoc. Oposto ao cardeal Richelieu estivo preso na Bastilla dende 1631 ata a morte do cardeal en 1643 e nese tempo escribiu as súas memorias que se publicaron en 1665 co título de Le Journal de ma vie, e que son unha fonte importante para coñecer a historia do seu tempo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: François de Bassompierre |