François-Xavier Fabre
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de abril de 1766 Montpellier, Francia |
| Morte | 16 de marzo de 1837 Montpellier, Francia |
| Director Museu Fabre (pt) | |
| 1825 – 1837 – Ferdinand de Nattes (en) | |
| Datos persoais | |
| Educación | Academia Real de Pintura e Escultura |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Pintura |
| Lugar de traballo | Montpellier Florencia |
| Ocupación | pintor, coleccionista de arte, profesor de arte, filántropo |
| Xénero artístico | Retrato |
| Profesores | Jacques-Louis David |
| Obra | |
Obras destacables | |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Biblioteca dixital BEIC Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
François-Xavier Fabre, nado en Montpellier o 1 de abril de 1766 e finado na mesma cidade o 16 de marzo de 1837, foi un pintor francés de temas históricos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fabre foi alumno de Jacques Louis David e adquiriu certo prestixio cando gañou o premio de Roma de 1787.
Durante a Revolución francesa, marchou vivir a Florencia, onde se converteu en membro da Academia de Florencia así como en profesor de arte. Entre as amizades que cultivou en Italia, figura o dramaturgo Vittorio Alfieri (ao cal retratou), cuxa viúva, a princesa Louise de Stolberg-Gedern, acabou sendo a súa esposa. Tras a muerte dela en 1824, Fabre herdou a súa fortuna, que utilizou para fundar a escola de artes da súa vila natal.
Antes de morrer, Fabre legou a súa colección de arte á cidade, que a día de hoxe forma parte dos fondos da pinacoteca do Museo Fabre.
Obras
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Estudo histórico sobre Fabre, a súa traxectoria o museo que leva o seu nome Arquivado 26 de setembro de 2010 en Wayback Machine., a cargo de M. Michel Hilaire. (en francés)