Saltar ao contido

François-Nicolas Martinet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrançois-Nicolas Martinet
Biografía
Nacemento1731 Editar o valor en Wikidata
Morte10 de decembro de 1804 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro, artista gráfico, arquitecto, gravador de cobre, pintor, debuxante, naturalista, ornitólogo, gravador, artista visual Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1745 Editar o valor en Wikidata - 1804 Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAaron Martinet Editar o valor en Wikidata
IrmánsAngélique Martinet
Marie-Thérèse Martinet Editar o valor en Wikidata

François-Nicolas Martinet ([fʁɑ̃swa nikɔla maʁtinɛ]), nado en 1731 e finado c. 1800 ou 1804, foi un enxeñeiro, gravador e naturalista francés. Aínda que se formou como enxeñeiro e delineante, empezou a realizar gravados para libros e esta acabou sendo a súa profesión principal.

Coñécese ben o ano de nacemento de Martinet (1731), pero as fontes están divididas sobre o ano do seu pasamento. Sábese pouco da súa vida: era fillo de Aaron Martinet e converteuse en comerciante de gravados en París. En 1756 converteuse en gravador para o gabinete real, rendendo contas á Maison du Roi. Martinet gravou as placas para numerosas obras de historia natural, especialmente ornitoloxía. Son especialmente notables as que fixo para a historia natural de Buffon, para a que realizou 1008 gravados. Tamén contribuíu con 21 ilustracións ornitolóxicas á Encyclopédie de Diderot e d'Alembert.

O seu principal traballo foi para l'Ornithologia, sive Synopsis methodica de Mathurin Jacques Brisson (1760–63) na cal fixo grandes contribucións.[1]

Algunhas das súas placas foron importantes na taxonomía e identificación de novas especies extintas descubertas. Algúns dos seus gravados eran despois coloreados á man e estes non teñen un aspecto uniforme ou consistente en distintas copias.[2] Tamén realizou ilustracións de arquitectura, paisaxe e teatro.

  1. "François-Nicolas Martinet". Smithsonian Libraries. Consultado o 12 de outubro de 2024.
  2. Jansen, Justin J. F. J.; Cheke, Anthony S. (2020-09-21). "Martinet's engravings in Buffon (1770–83): variation in their hand-colouring and its implications for defining Echo Parakeet Psittacula eques (Boddaert, 1783)". Bulletin of the British Ornithologists' Club 140 (3). ISSN 0007-1595. doi:10.25226/bboc.v140i3.2020.a3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • L'Histoire des oiseaux, peints dans leurs aspects apparents et sensibles, edición orixinal conservada nun único exemplar no Trinity College de Hartford. Nova dición pola Bibliothèque des introuvables, con 208 gravados, 450 páxinas co texto orixinal e comentarios de Antoine Reille, antigo produtor da emisión Les Animaux du monde.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]