Fraga sagrada

As fragas sagradas[1] ou bosques sagrados son arboredos que teñen unha importancia relixiosa especial dentro dunha cultura particular. As fragas sagradas están presentes en varias culturas arredor do mundo. Estes arboredos, na súa maioría, están protexidos polas comunidades locais, e a miúdo xogan unha función crítica en protexer fontes de auga e biodiversidade, incluíndo recursos esenciais para os grupos que as protexen.[2]
Estas fragas eran características importantes da paisaxe mitolóxica e do culto do politeísmo celta, estoniano, báltico, xermánico, grego antigo, do Oriente Próximo, romano e eslavo. Tamén se atopan en lugares como a India (Maharashtra, Karnataka, Kerala e Tamil Nadu), o Xapón (jinja),[3] a China (bosque fengshui), o oeste de África e Etiopía.[4] Exemplos de fragas sagradas inclúen o grecorromano témenos, varias palabras xermánicas para os soutos sagrados e o céltico nemeton, que estaba asociado en gran parte pero non exclusivamente coa práctica druídica.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fraga.
- ↑ Coggins, Chris and Bixia Chen (Eds/Auths). 2022. Sacred Forests of Asia: Spiritual Ecology and the Politics of Nature Conservation. Routledge/Earthscan Forest Library.
- ↑ "Eternal Forests: The Veneration of Old Trees in Japan, Arnold Arboretum". arboretum.harvard.edu. 18 de maio de 2020. Consultado o 2022-07-15.
- ↑ "See the incredible "church forests" of Ethiopia". Environment (en inglés). 2019-01-18. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2021. Consultado o 2022-07-15.
- ↑ Wiśniewski, Tomasz (2022-03-18). "Practice Courage, Abstain from Wrongdoing". Przekrój.org (en inglés). Consultado o 2024-11-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Taylor, Isaac (1864). Words and places: or, etymological illustrations of history, ethnology, and geography. New York: Macmillan. OCLC 13735328.