Saltar ao contido

Fractura do cadril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fractura do cadril
Radiografía do cadril onde se evidencia unha fractura.
Subclase defractura de óso, lesão na anca (pt) Traducir e Fratura femoral (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización anatómicaupper extremity of femur (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización anatómicaupper extremity of femur (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificadores
MeSHD006620 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC26794 Editar o valor en Wikidata
WordLiftdata.medicalrecords.com… Editar o valor en Wikidata
CIAP-2L75 Editar o valor en Wikidata
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]

A fractura da cadeira[1], ou fractura do cadril, é unha fractura ósea que se produce na parte superior do fémur, denominada fémur proximal. Os síntomas máis comúns son a dor na rexión do cadril, que empeora co movemento e o acurtamento dunha das pernas. A persoas que se fracturan o cadril normalmente non poden deambular.

A causa máis común son as caídas desde a propia altura do paciente[2]. Os factores de risco inclúen osteoporose, tomar unha gran cantidade de medicamentos (coma bifosfonatos), beber alcohol e cancro metastásico[3]. O diagnóstico adoita confirmarse mediante radiografía. Nalgúns casos pódese complementar con resonancia magnética, tomografía computarizada ou gammagrafía ósea.

O alivio da dor pódese conseguir administrando analxésicos, opiáceos ou bloqueos nerviosos periféricos. Nos casos en que a saúde da persoa o permite, xeralmente recoméndase a cirurxía nun prazo preferente de dous días. As opcións cirúrxicas inclúen a substitución de cadeira ou a fixación de parafusos para estabilizar a fractura. Despois da cirurxía, recoméndase administrar medicamentos para previr a trombose.

As fracturas de cadeira son máis comúns nas persoas maiores, especialmente as que padecen osteoporose. A condición afecta a máis mulleres que homes. Ao redor do 15% das mulleres fracturarase a cadeira nalgún momento da súa vida. Nas persoas maiores, o risco de morte no ano seguinte a unha fractura é dun 20%[4].

Tipos de fracturas do cadril

[editar | editar a fonte]
Esquema onde se pode visualizar os diferentes tipos de fractura do cadril en función de onde se produce a fractura.

En función da parte do óso fracturada, establécese unha clasificación nas fracturas do cadril[5].

  • Intracapsulares: a fractura prodúcese dentro da cápsula articular da cadeira. Dentro das fracturas intracapsulares, atópanse:
    • Fracturas da cabeza femoral.
    • Fracturas do colo femoral ou cervicais. En función da parte do colo femoral onde se localice, subclasifícanse en subcapital, transcervical ou basicervical.
  • Extracapsulares: a fractura prodúcese fóra da cápsula articular. Divídense, á súa vez, en:
    • Intertracantéreas
    • Pertrocantéreas
    • Subtrocantéreas

Tratamento

[editar | editar a fonte]

O tratamento da fractura do cadril descansa en tres piares: o tratamento definitivo mediante cirurxía, o tratamento dos síntomas, como a dor; e a prevención de complicacións, como as úlceras, as infeccións ou as embolias venosas.

Cirurxía

[editar | editar a fonte]
Clavo endomedular curto, unha das opcións terapéuticas cirúrxicas da fractura do cadril.

A operación para solucionar a fractura de cadril é complexa de depende do tipo de fractura. Idealmente, se as condicións do doente o permiten, cómpre operar a fractura antes das 48 horas desde o inicio da fractura. Pasado este prazo, aumentan as complicacións e a mortalidade asociada a esta doenza.

En función do tipo de fractura, a intervención cirúrxica abrangue a redución da fractura e a súa fixación, na que se pode incluír: os enclavados endomedulares, tanto curtos coma longos; as próteses, ben sexan parciais ou totais; parafusos caulados ou placas.

Rehabilitación

[editar | editar a fonte]

Existen evidencias de que a rehabilitación mellora a recuperación funcional nos doentes afectos de fractura do cadril. O 40% dos individuos con fracturas de cadeira tamén son diagnosticados con demencia ou deterioración cognitivo leve que adoita producir resultados poscirúrxicos peores. Nestes casos demostrouse que os modelos de rehabilitación e coidados avanzados teñen efectos positivos limitados na redución do delirio e a duración da estancia hospitalaria. Non está claro se o uso de esteroides anabolizantes afectan a recuperación.

  1. En galego, acéptanse tanto os termos cadeira, cadril ou anca para se referir á parte do corpo onde a perna remata no tronco.
  2. Fitgerald, Robert H. (2004). Ortopedia. Editorial Médica Panamericana S.A. p. 391. ISBN 9500607913. 
  3. Muñoz G., Sebastián; Lavanderos F., Jorge; Vilches A., Loreto; Delgado M., Miguel; Cárcamo H., Karina; Passalaqua H., Stephania; Guarda M., Mauricio (2008). "Fractura de cadera" (PDF). Cuadernos de Cirugía 22 (1): 73–81. doi:10.4206/cuad.cir.2008.v22n1-11. 
  4. González-Montalvo, Juan Ignacio; Alarcón, Teresa; Hormigo Sánchez, Ana Isabel (2011-09). "¿Por qué fallecen los pacientes con fractura de cadera?". Medicina Clínica (en castelán) 137 (8): 355–360. doi:10.1016/j.medcli.2010.07.005. 
  5. Brady, Owen H.; Garbuz, Donald S.; Masri, Bassam A.; Duncan, Clive P. (1999-04). "CLASSIFICATION OF THE HIP". Orthopedic Clinics of North America (en inglés) 30 (2): 215–220. doi:10.1016/S0030-5898(05)70076-6. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]