Fotografía de defuntos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fotografía post mortem»)
Pais posando coa súa filla falecida, simulando que esta viva.

A fotografía de defuntos foi unha práctica que, basicamente, consistía en vestir un cadáver recente coas súas roupas persoais e facelo partícipe dun último retrato grupal, cos seus compañeiros, familiares ou amigos.

Historia[editar | editar a fonte]

A fotografía de defuntos é unha práctica que nace case coa mesma fotografía (un 19 de agosto de 1839) en París, pero logo esténdese rapidamente cara a outros países. Había diferentes escenografías, como defuntos á mesma mesa cos familiares vivos, meniños na cama ou xente maior coa roupa de gala.

Esta era unha práctica moi común,[1] e en Galicia levárona a cabo fotógrafos como Virxilio Viéitez,[2] Joaquín Pintos, Francisco Zagala, Maximino Reboredo,[3] Ramón Caamaño, José Moreira, Raniero Fernández ou Pedro Brey.[4]

Na cultura[editar | editar a fonte]

Na película The Others (de Alejandro Amenábar e interpretada por Nicole Kidman), a protagonista descobre que os seus criados son fantasmas porque atopa un destes retratos de defuntos no que aparecen os tres personaxes xa mortos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Silvia R. Pontevedra (6 de marzo de 2010). "Los fotógrafos de la eternidad". El País (en castelán). 
  2. "Virxilio Viéitez". 50 fotografías con historia. 
  3. Luisa Segura Albert (3 de novembro de 2013). "Esa extraña costumbre de fotografiar a los muertos". RTVE. 
  4. Eduardo Rolland (31 de decembro de 2018). "Os fotógrafos de mortos en Galicia: arte, superstición e negocio". GCiencia. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]