Fos Provence Basket
Provence Basket | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Pro B |
Fundación | 13 de xaneiro de 1972 |
Historia | Fos Ouest Provence Basket (1972–2014) |
Cores | Azul, ouro, branco |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Halle des sports Parsemain |
Capacidade | 1.387 |
fosprovencebasket.com |
O Fos Provence Basket é un club de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Fos-sur-Mer (Provenza-Alpes-Costa Azul). O equipo compite actualmente na LNB Pro B, a segunda categoría do baloncesto galo. O seu pavillón como local é o Halle des sports Parsemain, con capacidade para 1.387 espectadores.
Historia[editar | editar a fonte]
O 13 de xaneiro de 1972, nunha época de grandes construcións na zona industrial portuaria, o club de baloncesto de Fos-sur-Mer nace baixo o nome de Frat Fosséenne. Os dous fundadores do club foron Paul Bruyère e Jean Lovato. Despois de varios anos na segunda categoría do baloncesto francés, a Pro B, o equipo consegue o 14 de xuño de 2018 ascender por vez primeira á máxima categoría.[1] O equipo finalizara cuarto na liga regular da Pro B, e conseguiu eliminar sendo ao cuarto cabeza de serie ao SLUC Nancy en cuartos de final, ao Rouen Métropole en semifinais e ao Chorale Roanne na final.
Ano a ano[editar | editar a fonte]
Ano | Nivel | Liga | Pos. | Copa |
---|---|---|---|---|
2011–12 | 2 | Pro B | 5º | Rolda de 32 |
2012–13 | 2 | Pro B | 6º | Rolda de 16 |
2013–14 | 2 | Pro B | Rolda de 32 | |
2014–15 | 2 | Pro B | Cuartos de final | |
2015–16 | 2 | Pro B | Rolda de 16 | |
2016–17 | 2 | Pro B | 4º | Rolda de 16 |
2017–18 | 2 | Pro B | 4º | Rolda de 32 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Fos s’offre les playoffs". lnb.fr (en francés). 14 de xuño de 2018.