Forraxeamento

O forraxeamento é a busca de recursos de alimento salvaxe.[1] Afecta á condición física dun animal porque xoga un papel importante na súa capacidade para sobrevivir e reproducirse. A teoría da alimentación é unha rama da ecoloxía do comportamento que estuda o comportamento dos animais na procura de alimento en resposta ao hábitat onde vive o animal, e foi proposta por primeira vez en 1966.[2][3][4] Os humanos que forraxean son a miúdo chamados cazadores-recolectores, que atopan e comen animais e plantas (salvaxes) sen domesticación nin agricultura (nese caso non son cazadores-recolectores).
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]
Os modelos económicos utilizados polos ecoloxistas do comportamento para analizar a busca de alimento enfócanse en estratexias óptimas de eficiencia enerxética. Estes modelos predín que as tácticas que proporcionan a maior cantidade de enerxía adquirida por unidade de tempo, minimizando o custo do esforzo, son as que prevalecen evolutivamente. As variables clave destes modelos inclúen a enerxía obtida, os custos asociados coa busca, e a dispoñibilidade e distribución dos recursos no ambiente.
Contribucións importantes á teoría da alimentación foron realizadas por:
- Eric Charnov, que desenvolveu o "teorema do valor marxinal" para predicir o comportamento dos recolectores mediante 'parches'[5];
- Sir John Krebs, co traballo sobre o modelo de dieta óptima en relación cos Baeolophus e os 'chickadees' (páridos);
- John Goss-Custard, quen primeiro probou o modelo de dieta óptima contra o comportamento no campo, usando o bilurico común, e despois procedeu a un estudo extenso sobre a busca de alimento no lampareiro eurasiático.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "forraxeamento". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2025-01-16.
- ↑ Emlen, J. Merritt (1966-11). "The Role of Time and Energy in Food Preference". The American Naturalist 100 (916): 611–617. ISSN 0003-0147. doi:10.1086/282455.
- ↑ Hughes, Roger N, ed. (1989), Behavioural mechanisms of food selection, Londres & Nova York, p. v, ISBN 0-387-51762-6
- ↑ MacArthur, Robert H.; Pianka, Eric R. (1966-11). "On Optimal Use of a Patchy Environment". The American Naturalist 100 (916): 603–609. ISSN 0003-0147. doi:10.1086/282454.
- ↑ Patches ou "parches" son áreas específicas dentro dun hábitat onde os recursos alimenticios están concentrados, o que os fai obxectivo de especial interese para os animais que procuran alimento, sendo puntos clave para entender patróns de forraxeamento.
Factores que afectan el forrajeo
[editar | editar a fonte]- Aprendizaxe
- Xenética
- Presenza de depredadores
- Parasitismo