Foro do bo burgo de Castro Caldelas
Aparencia

O Foro do bo burgo de Castro Caldelas é o documento máis antigo escrito en galego que se coñece no territorio que actualmente constitúe Galiza, entregado en abril de 1228. Neste texto o rei Afonso VIII outorga ós cidadáns desta vila os seus foros e regula o seu réxime.
O texto comeza así:
Eu don Alfonso porla gratia de Deus Rey de Leon a vos omes [do boo Burgo?], assy aos presentes como aos que an de víír, et a vossos fillos et a toda vossa generacion faço karta de donacion et texto de firmidũe, et dou a vos foros en que sempre vivades.[1]
O documento foi redactado por un notario do concello de Allariz.[2]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Míguez Macho, A. (2011). Historia breve de Galicia (en castelán). Sílex. p. 90. ISBN 978-84-7737-507-4.