Forquita de replicación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Forcada de replicación")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Esquema do garfo de replicación.
a) molde
b)cadea condutora
c)cadea retardada
d) forquita de replicación
e) primer
f) fragmentos de Okazaki

A forcada de replicación,[1] forquita de replicación ou garfo de replicación é unha estrutura que se forma dentro do núcleo da célula durante a replicación do ADN. Constitúe o resultado da acción de varias proteínas que teñen a finalidade de abrir a dobre cadea de ADN para facilitar a replicación do material xenético, sexa ADN ou ARN. É orixinado polas proteínas helicases, que quebran as pontes de hidróxeno que ligan as dúas cadeas de ADN.

Outras proteínas, as SSB (single-stranded DNA binding proteins ou proteínas ligadoras de ADN monocatenario) contribúen a manter a estabilidade do garfo de replicación. Por último, outras proteínas como a proteína DnaA ou as topoisomerases participan dunha ou doutra maneira na replicación. A estrutura resultante ten dúas ramificacións, cada unha das cales está formada por unha cadea de ADN, e que son chamadas de cadea retardada (lagging) e cadea líder ou condutora (leading). A ADN polimerase vai adicionando posteriormente os novos nucleótidos para as cadeas de nova síntese, seguindo a complementariedade de bases.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés. Xunta de Galicia. 2010. Páxina 84. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]