Folosa palustre
| Folosa palustre | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Acrocephalus palustris Johann Matthäus Bechstein 1798 | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||
|
Nome curto
| |||||||||||
|
Combinación orixinal
| |||||||||||
| Características | |||||||||||
|
Ciclo diurno
| |||||||||||
|
Período de incubación
| |||||||||||
|
Tamaño da niñada
| |||||||||||
| Conservación | |||||||||||
|
Identificador UICN
| |||||||||||
|
Área de distribución
| |||||||||||
| Dimensións | |||||||||||
|
Masa
1.85 g peso de nacemento | |||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||
| Reino | Animalia | ||||||||||
| Filo | Chordata | ||||||||||
| Clase | Aves | ||||||||||
| Orde | Passeriformes | ||||||||||
| Superfamilia | Sylvioidea | ||||||||||
| Familia | Acrocephalidae | ||||||||||
| Xénero | Acrocephalus | ||||||||||
| Especie | A. palustris | ||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||

A folosa palustre (Acrocephalus palustris) é unha folosa migratoria que cría en Europa e Asia.
Descrición
[editar | editar a fonte]Son paxaros duns 13 cm. de lonxitude, con entre 17 e 21 cm. de envergadura de ás e que pesan de 11 a 14 gramos. A parte superior do corpo e castaña agrisada e a inferior branca amarelada. Teñen a gorxa branca e o bico afiado. Visualmente son difíciles de distinguir da folosa das canaveiras (Acrocephalus scirpaceus), do que se diferenza polo lombo máis gris, a fronte menos patela e o bico menos forte. Como é típico nas folosas, a plumaxe de machos e femias é semellante. Poden acadar os nove anos de idade. Son aves que se moven entre a vexetación mesta. O seu canto, rápido e alto está composto case exclusivamente de imitacións dos cantos doutras aves, puntuadas cos chíos e asubíos propios das folosas do xénero Acrocephalus. No canto desta especie foron identificados os sons de diferentes especies de paxaros africanos e europeos.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Viven entre vexetación mesta e máis axiña alta coma canavais, mato e campos de cultivo , preto de zonas acuáticas e ríos. Crían nas zonas temperadas de Europa e no oeste de Asia e pasan o inverno no sueste de África. Na Península Ibérica non crían. No centro e leste de Europa permanecen entre maio e setembro.
Alimentación e reprodución
[editar | editar a fonte]Son aves insectívoras que ademais de insectos e as súas larvas, arañas e pequenos moluscos consomen ocasionalmente bagas.
Maduran sexualmente cando pasan o ano de vida.Á época reprodutora vai principalmente de maio a xullo. Fan un niño de herbas e xuncos que sitúan moitas veces entre os talos de ortigas ou plantas agrícolas. Poñen entre 3 e 5 ovos brancos azulados que chocan alternativamente os dous membros da parella entre 12 e 14 días. Os polos son capaces de voar con entre 10 e 14 días de vida.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Aves |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Leisler, B. & Wink, Michael (2000): Frequencies of multiple paternity in three Acrocephalus species (Aves: Sylviidae) with different mating systems (A. palustris, A. arundinaceus, A. paludicola). Ethology, Ecology & Evolution 12: 237-249. PDF texto completo

