Folosa pálida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Folosa pálida
Fulepa abuada
Hippolais pallida
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Passeri
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Sylvioidea
Familia: Acrocephalidae
Xénero: Hippolais
Especie: H. pallida
Nome binomial
Hippolais pallida
(Hemprich & Ehrenberg, 1833)
Distribución da folosa pálida: verde: todo o ano; amarelo: verán; azul: inverno
Distribución da folosa pálida:
verde: todo o ano; amarelo: verán; azul: inverno

Distribución da folosa pálida:
verde: todo o ano; amarelo: verán; azul: inverno
Sinonimia
  • Véxase o texto
Ovos de Hippolais pallida.
Hippolais pallida.
Lámina de 1875.
Hippolais pallida.
Fotografía tirada o 29 de abril de 2008.

A folosa pálida,[1][2][3] ou fulepa abuada,[4] Hippolais pallida, é unha ave da orde dos paseriformes, suborde dos páseros, infraorde dos paséridos, superfamilia dos silvioideos e familia dos acrocefálidos, pertencente ao xénero Hippolais,[5][6]

Características[editar | editar a fonte]

As principais características da folosa pálida son :[4][7][8]

  • Moi semellante á folosa amarela, aída que carente da coloración verdosa e amerelada desta, ten cun corpo de 12 a 14 cm de lonxitude (media 13 cm), e un peso aproximado de 11 g.
  • A coloración da súa plumaxe é parda agrisada, sen marcas destacadas, polas partes superiores, e branca cremosa pola inferiores. As ás son algo máis escuras, e o papo algo máis claro.
  • Na cabeza, a fronte é aplanada, o que a distingue da papuxa apardazada (da familia dos sílvidos, que a ten menos plana.
  • O píleo é de cor verde apardazada cunha tonalide gris (caluga parda amarelada olivácea).
  • A cella (fanxa ocular) é curta e pálida, e remata no dordo posterior do ollo; o anel ocular tamén é pálido.
  • O bico é longo e fino, máis que o da folosa amarela.
  • As patas son de cor variábel.
  • A cola é case cuadrangular, con estreitas marxes exteriores de cor branca agrisada e coas puntas das plumas exteriores brancas.
  • Aliméntase principalmente de insectos, que captura entre as árbores e arbustos.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Hábitat[editar | editar a fonte]

A folosa pálida cría en lugares próximos á auga, especialmente en bosques de ribeira e outras zonas con vexetación arbustiva, e tamén en canavais de zonas áridas, oliveirais, palmeirais, cultivos de cítricos e xardíns. Aniñan a pouca altura do solo, en arbustos ou en árbores pequenas.[8]

Distribución[editar | editar a fonte]

Esta ave presenta unha área de distribución descontinua, que inclúe Europa, África e Asia.

En Europa resulta esencialmente circunmediterránea, faltando en grandes áreas da Península Ibérica, Francia, Italia e as illas do Mediterráneo occidental.

Encóntrase ben distribuída poa península Balcánica e a conca baixa do Danubio, chegando polo leste até o Casaquistán.

Cría tamén nos oasis saharianos, no val do Nilo e en zonas do sur do Sahel até o corno de África e Nixeria, sendo estas poboacións as únicas que se comportan como sedentarias.

(Ver mapa á dereita).

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especi foi descrita en 1833 polos naturalistas alemáns Wilhelm Friedrich Hemprich e Christian Gottfried Ehrenberg na súa obra Symbolae physicae seu Icones et descriptiones avium quae ex itinere per Africam Borealem et Asiam occidentalem. Vol II. Berolini: Ex-Officina Academica. Texto completo.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Xénero

Ver Hippolais

Especie

O epíteto específico pallida é o nominativo feminino singular do adxectivo latino pallidus, -a, -um, "pálido", debido á cor máis apagada desta especie en relación coa súa perente Hippolais polyglotta.[9] A forma feminina débese a que o substantivo Hippolais é feminino (tamén o Iduna).

Sinónimos[editar | editar a fonte]

  • Curruca pallida Hemprich & Ehrenberg, 1833 (basónimo)
  • Iduna pallida (Hemprich & Ehrenberg, 1833) (sinónimo aceptado)

Subespecies[editar | editar a fonte]

Na especie distínguense, segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional, as cinco subespecies seguintes:

  • Iduna pallida alulensis (Ash, Pearson & Bensch, 2005)
  • Iduna pallida elaeica (Lindermayer, 1843)
  • Iduna pallida laeneni (Niethammer, 1955)
  • Iduna pallida pallida (Hemprich & Ehrenberg, 1833)
  • Iduna pallida reiseri (Hilgert, 1908)

Porén, algúns autores só recoñecen catro, e outros aumentan o seu número a seis.[10]

Segundo a Clements checklist:[10]

Para outros autores:[10]

  • Iduna pallida alulensis
  • Iduna pallida elaeica
  • Iduna pallida laeneni
  • Iduna pallida pallida
  • Iduna pallida reiseri
  • Iduna pallida tamariceti

Status[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o estado de onservación de Hippolais pallida como LC (pouco peocupante), debido a que esta especie ten unha área de distribución moi grande e, por tanto, non se acerca ao limiar para cualificala de vulneránbel, polo tamaño da área (unha media de máis de 20 000 km2) combinando isto co tamaño da poboación que, ademais, parece estábel.[11][12]

En Galicia[editar | editar a fonte]

Segundo Penas Patiño et al. a presenza desta especie en Galicia é escasa.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Conde Teria, Miguel A. e Tiago A, Vidal Figueroa (1991): "Nomes galegos para as aves ibéricas: unha nova proposta". En: Fernández-Cordeiro, A. e J. Domínguez, editores. Actas do Primeiro Congreso Galego de Ornitoloxía. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-749-1, pp.249-268.
  2. Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 16 de abril de 2017. 
  3. "Folosa". Dicionario de galego. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2017. Consultado o 16 de abril de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Penas Patiño, Xosé M. et al. (1991), p. 254.
  5. Olivaceous Warbler Hippolais pallida (Ehrenberg, 1833) en BioLib.
  6. Hippolais pallida (Hemprich & Ehrenberg, 1833) no ITIS.
  7. Peterson, Roger et al. (1973), pp. 270-271.
  8. 8,0 8,1 Svensson, Lars et. al. (2001), p. 302.
  9. Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  10. 10,0 10,1 10,2 Iduna pallida en AviBase.
  11. Hippolais pallida, syn. = Iduna pallida, na UICN.
  12. BirdLife International, asesores (2016): Iduna pallida na Lista vermella da UICN. Versión 2016-3. Consultada o 17 de abril de 2017.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions. ISBN 978-84-96553-98-9.
  • Fregina, S.; Haasea, M.; Olsson, U. & Alström, P. (2009): "Multi-locus phylogeny of the family Acrocephalidae (Aves: Passeriformes) – The traditional taxonomy overthrown". Molecular Phylogenetics and Evolution 52 (3): 866–878. (Resume).
  • Olsson, U.; Rguibi-Idrissi, H.; Copete, J. L.; Arroyo Matos, J. L.; Provost, P.; Amezian, M.; Alström, P. & Jiguet, F. (2016): "Mitochondrial phylogeny of the Eurasian/African reed warbler complex (Acrocephalus, Aves). Disagreement between morphological and molecular evidence and cryptic divergence: A case for resurrecting Calamoherpe ambigua Brehm 1857". Molecular Phylogenetics and Evolution. 102: 30–44. (Resume).
  • Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos e Silvar, Carlos (1991): Guía de aves de Galicia. A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-87674-06-2.
  • Peterson, Roger; Guy Mountfort & P. A. D. Hollom (1973): Guía de campo de las aves de España y demás países de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-334-2.
  • Svensson, Lars, & Peter J. Grant (2001): Guía de aves. La guía de campo de aves de España y de Europa más completa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2821-218-X.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]