Folosa de Blyth
Folosa de Blyth | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
En Calcuta, na India.
| |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Acrocephalus dumetorum (Blyth, 1849) |
A folosa de Blyth[2] (Acrocephalus dumetorum), é un paxaro da familia dos sílvidos (Sylviidae) que cría en Asia e no leste de Europa.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha folosa de tamaño mediano que mide entre 12,5 e 14 cm. de lonxitude. Os adultos teñen a parte superior do corpo castaña e son máis pálidos por debaixo. É doado confundila coa folosa das canaveiras ou fulepa dos carrizos (Acrocephalus scirpaceus) e con algunhas folosas do xénero Hippolais. Diferénciase da folosa das canaveiras por teren o lombo máis agrisado, a fronte menos patela e o bico menos forte e afiado. Os dous sexos teñen coloracións idénticas, pero os exemplares novos son máis amarelos na zona ventral.
Na época reprodutora a súa característica máis distintiva e o seu canto, lento e repetitivo, con imitacións do doutras aves e puntuado coas escalas e os asubíos típico das folosas.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]A diferenza das folosas das canaveiras non son amigas de viviren nos pantanos, e prefiren claros ou zonas de mato, as miúdo preto da auga. Como pousadeiros para cantar usan árbores e arbustos. Son aves migratorias, que abandonan os seus territorios de cría asiáticos e do leste de Europa para pasa-lo inverno na India e Sri Lanka. Na Europa occidental aparecen só ocasionalmente coma divagantes.
Conduta
[editar | editar a fonte]Coma case tódalas folosas aliméntanse de insectos, pero poden apañar outras pezas pequenas de alimento coma as bagas. Fan o niño entre o mato e poñen entre catro e seis ovos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Acrocephalus dumetorum". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 17 de decembro de 2016.