Saltar ao contido

Folosa calzada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Folosa calzada
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Acrocephalidae
Xénero: Iduna
Especie: Iduna caligata
(Lichtenstein, 1823)
Distribución da folosa calzada      Residente no verán (reprodución)      Visitante invernal (non reprodutora)
Distribución da folosa calzada      Residente no verán (reprodución)      Visitante invernal (non reprodutora)

Distribución da folosa calzada      Residente no verán (reprodución)      Visitante invernal (non reprodutora)
Sinonimia
  • Sylvia caligata Lichtenstein, 1823
  • Hippolais caligata (Lichtenstein, 1823)

A folosa calzada[1] (Iduna caligata) é unha especie de ave paseriforme da familia Acrocephalidae. Reprodúcese en Europa oriental e Asia occidental. É unha ave vagante regular en Europa occidental.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Foi descrita formalmente por primeira vez como Sylvia caligata polo médico, explorador, botánico e zoólogo alemán Martin Hinrich Carl Lichtenstein, quen lle asignou como localidade tipo o río Ilek, preto de Orenburgo. Agora está clasificada no xénero Iduna da familia Acrocephalidae.[2] Antes, a especie, xunto con moitas outras similares do Vello Mundo, clasifícábase no taxon xeral Sylviidae sensu lato, pero no século XX, os estudos moleculares fixeron que ese taxon tivese que ser dividido en varias familias.[3]

Anteriormete considerábase conespecífica co Iduna rama, pero agora normalmente ambas teñen status de especies separadas.[4]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A folosa calzada pertence ao xénero Iduna proposto por Alexander Keyserling e Johann Heinrich Blasius en 1840, pero eles non deron explicacións sobre o significado ou orixe do nome, aínda que na mitoloxía nórdica, Iðunn, ou Iduna, é a deusa da primavera e da fertilidade que se transformou nun pardal (ou unha noz) para posibilitar ser rescatada por Loki.[5] O adxectivo específico caligata en latín significa 'calzada, con botas' de caliga, 'bota'.[6]

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha pequena especie de paxaro, similar en tamaño ao picafollas europeo. Ten unha plumaxe pouco distintiva que é marrón agrisada lisa na parte dorsal e máis clara na ventral. Ten unha sobrecella clara ben visible e un bico curto con punta escura. A feitura do paxaro é a dun sílvido de ás curtas bastante barrigán con punta da cola cadrada. Esta especie e mais Iduna rama son moi difíciles de distinguir entre si.[7]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Reprodúcese desde o centro de Rusia ao oeste da China, e migra para invernar no subcontinente indio chegando ata Sri Lanka. Ampliou a súa área de reprodución ao oeste nas últimas décadas e agora nidifica mesmo en Finlandia.[8]

Esta especie é unha ave vagante habitual en Europa occidental con, por exemplo, uns 180 rexistros en Gran Bretaña ata 2023, e forma parte da lista das aves ibéricas.[9]

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Nidifica de maio a principios de xullo, construíndo un niño cupuliforme formado por ramiñas, raíces, taliños e follas, forrado con plumas, pelo animal e peluxe de plantas. O niño está localizado no chan ou preto do chan, a unha altura máxima dun metro, agochado entre densa maleza. É principalmene insectívoro.[8]

  1. ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. ↑ "Booted Warbler Iduna caligata (Lichtenstein, MHC 1823)". Avibase. Denis Lepage. Consultado o 23 de abril de 2025.
  3. ↑ Andreas J. Helbig; Ingrid Seibold (1999). "Molecular Phylogeny of Palearctic–African Acrocephalus and Hippolais Warblers (Aves: Sylviidae)". Molecular Phylogenetics and Evolution 11 (2): 246–260. ISSN 1055-7903. doi:10.1006/mpev.1998.0571.
  4. ↑ Silke Fregin; Martin Haase; Urban Olsson; Per Alström (2009). "Multi-locus phylogeny of the family Acrocephalidae (Aves: Passeriformes) – The traditional taxonomy overthrown". Molecular Phylogenetics and Evolution 52 (3): 866–878. Bibcode:2009MolPE..52..866F. PMID 19393746. doi:10.1016/j.ympev.2009.04.006.
  5. ↑ "Birds of the World - Comprehensive life histories for all bird species and families". 2024.
  6. ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 84, 202. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  7. ↑ "Booted Warbler Iduna caligata". eBird.org. Cornell Lab of Ornithology. Consultado o 23 de abril de 2025.
  8. 1 2 "Booted Warbler Iduna caligata". Birdlife Datazone. Birdlife International. Consultado o 23 de abril de 2025.
  9. ↑ Louise Bacon; et al. "Report on rare birds in Great Britain in 2022". British Birds 116 (outubro de 2023): 546–602.