Saltar ao contido

Folosa bérber

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Folosa bérber
 Nome taxon
    Iduna opaca
 Nome curto
    I. opaca (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
 Sinonimia
Hippolais opaca
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaAcrocephalidae
XéneroIduna
EspecieIduna opaca Editar o valor en Wikidata
Cabanis, 1850 Iduna opaca Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Tamaño da niñada
   3 Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   12 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0642w0z Editar o valor en Wikidata
ITIS916791 Editar o valor en Wikidata
OTT177564 Editar o valor en Wikidata
UICN22734089 Editar o valor en Wikidata
CoL6N4X7 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A folosa bérber[1] (Iduna opaca)[2] é un paxaro que antes se clasificaba no taxon xeral Sylvidae sensu lato, que resultou ser parafilético. Agora está clasificado na familia Acrocephalidae no xénero Iduna. Antes pensábase que formaba parte da especie Iduna pallida, pero como resultado dos modernos desenvolvementos taxonómicos, considéranse especies separadas.

Características

[editar | editar a fonte]
Ovos de folosa bérber na colección do Museo de Wiesbaden.

É un pequeno paseriforme que se atopa en rexións abertas secas, incluíndo cultivos, con arbustos e algunhas árbores. Poñen dous ou tres ovos nun niño na maleza baixa ou nun arbusto. É insectívoro.

É un paxaro de medio tamaño. Os adultos teñen un dorso claro liso e partes ventrais abrancazadas. A lonxitude do seu corpo é duns 13-14 cm, cunha envergadura de 18-21 cm e un peso de 8-13 g.[3][4][5] O seu bico é forte e agudo e as patas cincentas. Os sexos son idénticos, pero as aves novas son máis beixes no ventre.

Esta especie non abanea a cola ou faino moi raramente. Busca comida a diferentes alturas.[3]

Reprodúcese na Península Ibérica e norte de África. É unha ave migratoria, que pasa o inverno na África subsahariana. É un vagante raro no norte de Europa.

A folosa bérber é máis grande e con tons máis marróns nas partes inferiores que a Iduna pallida. Tamén ten un bico máis grande. A súa canción é un balbucir nasal rápido.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Noroeste de África e Península Ibérica na época reprodutora, e África subsahariana no inverno.

Norte de África

[editar | editar a fonte]

A folosa bérber aparece principalmente como un migrante de paso no sur de Marrocos, aínda que tamén se reproduce alí nalgunhas áreas con densa vexetación.[6]

  1. ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. ↑ Del Hoyo, J.; Elliot, A. & Christie D. (editors). (2006). Handbook of the Birds of the World Volume 11: Old World Flycatchers to Old World Warblers. Lynx Edicions. ISBN 84-96553-06-X.
  3. 1 2 Hume, Rob; Still, Rob; Swash, Andy; Cofta, Tomasz; Harrop, Hugh, eds. (2023). Ptaki Europy: przewodnik do rozpoznawania. Warszawa: Multico Oficyna Wydawnicza. ISBN 978-83-7763-608-4.
  4. ↑ "Western Olivaceous Warbler (Iduna opaca) - BirdID's Bird Guide - Nord University - Birdid". www.birdid.no. Consultado o 2024-12-22.
  5. ↑ Svensson, Lars; Stawarczyk, Tadeusz; Zetterström, Dan; Graszka-Petrykowski, Dariusz; Mullarney, Killian (2023). Ptaki Europy i obszaru śródziemnomorskiego. Przewodnik Collinsa (Wydanie III, poprawione i zaktualizowane ed.). Warszawa: Multico Oficyna Wydawnicza. ISBN 978-83-7763-647-3.
  6. ↑ Salewski, Volker, Herbert Stark and Bernd Leisler (2009) Olivaceous Warblers in Southeast Morocco British Birds 102(3): 116-21

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fregin, S., M. Haase, U. Olsson, and P. Alström. 2009. Multi-locus phylogeny of the family Acrocephalidae (Aves: Passeriformes) - the traditional taxonomy overthrown. Molecular Phylogenetics and Evolution 52: 866–878.
  • Sangster, G., J.M. Collinson, P.-A. Crochet, A.G. Knox, D.T. Parkin, L. Svensson, and S.C. Votier. 2011. Taxonomic recommendations for British birds: seventh report. Ibis 153: 883–892.