Saltar ao contido

Folosa agrícola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Folosa agrícola

En Calcuta, Bengala Occidental, India
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Acrocephalidae
Xénero: Acrocephalus
Especie: Acrocephalus agricola'
(Jerdon, 1845)
Distribución de A. agricola     Reprodutores      Non reprodutores
Distribución de A. agricola     Reprodutores      Non reprodutores

Distribución de A. agricola     Reprodutores      Non reprodutores
Subspecies[2]
  • A. a. agricola - (Jerdon, 1845)
  • A. a. septimus - Gavrilenko, 1954
En Kerala, India
ovos de Acrocephalus agricola - MHNT

A folosa agrícola[3] (Acrocephalus agricola) é unha especie de paxaro de zonas de marisma e pantano da familia Acrocephalidae. Anteriormente estaba incluído na ensamblaxe dos sílvidos do Vello Mundo. A especie Acrocephalus tangorum estaba antes (e nalgunhas clasificacións aínda agora) incluída como subespecie dentro de A. agricola.

O nome do xénero Acrocephalus procede do grego antigo akros, 'o máis alto', e kephale, 'cabeza'. É posible que J. A. Naumann e J. F. Naumann, que lle puxeron o nome, pensasen que akros significaba 'de punta aguda'. O epíteto específico agricola vén do latín.[4]

Reprodúcese no Paleártico central temperado (Asia central principalmente). É unha ave migratoria, que pasa o inverno en Bangladesh, India e Paquistán. É unha rara ave vagante en Europa occidental, aínda que hai pequenas poboacións reprodutoras nas costas occidentais do mar Negro arredor da fronteira entre Bulgaria e Romanía. Este paseriforme atópase en zonas de vexetación baixa como as cubertas de herbas longas, xuncos e arroz. Pon de 4 a 5 ovos nun niño feito na herba.

Ten 13 cm de longo cunha envergadura alar de 15–17,5 cm, e ten un tamaño similar ao da folosa das canaveiras, pero cun bico máis curto e menor envergadura alar. O adulto ten un dorso marrón claro sen manchas e partes ventrais beixes, con rabadilla marrón máis cálida. Ten unha liña superciliar abrancazada máis clara e o bico é curto e agudo. Os sexos son idénticos, mais os xoves son dunha cor beixe máis intensa ventralmente. Son insectívoros.

A súa canción é rápida e similar á do folosa palustre, con moitas imitacións e característicamente engadindo moitos asubíos de acrocefalino. A canción é máis débil e máis rítmica que a do seu parente.

  1. BirdLife International (2017). "Acrocephalus agricola": e.T22714714A111077678. 
  2. Gill F, D Donsker & P Rasmussen (Eds). 2020. IOC World Bird List (v10.2). doi : 10.14344/IOC.ML.10.2.
  3. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  4. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 30, 31. ISBN 978-1-4081-2501-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]