Flyboys, heroes do aire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flyboys, heroes do aire
Título orixinal Flyboys
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Tony Bill
Produtor Dean Devlin
Guión Phil Sears
Blake T. Evans
David S. Ward
Baseado en
Intérpretes James Franco
Martin Henderson
Jean Reno
Jennifer Decker
Abdul Salis
Philip Winchester
Tyler Labine
David Ellison
Música Trevor Rabin
Fotografía Henry Braham
Montaxe Chris Blunden
Ron Rosen
Estudio Ingenious Film Partners
Electric Entertainment
Skydance Productions
Distribuidor Metro-Goldwyn-Mayer
Ano Flag of the United States.svg 22 de setembro de 2006
Galicia 6 de xaneiro de 2010 (TVG)
Duración 140 minutos
País Reino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Bélico, Acción
Orzamento $60.000.000[1]
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Flyboys, heroes do aire é un filme británico-estadounidense dirixido por Tony Bill que foi estreado no 2006. Estreouse en galego na TVG o 6 de xaneiro de 2010.[2]

Argumento[editar | editar a fonte]

Historia sobre os pilotos norteamericanos que conformaron a lendaria escuadra Lafayette (do exército francés) na Primeira Guerra Mundial. O texano Blaine Rawlings sofre o desafiuzamento do seu rancho familiar de 900 e atopa o seu novo futuro nas imaxes do cine que informan da Escuadra dos heroes. O recruta Higgins, da Lexión Estranxeira Francesa, pásase do corpo de condutores de ambulancia ó escuadrón de combate. O natural de Nebrasca William Jensen, fillo dun oficial de Cabalería, alístase para manter a tradición militar da familia. Pola súa parte, Briggs Lowry únese ó escuadrón para facer algo de proveito coa súa vida, sucumbindo ás presións do seu rico e poderoso pai. Eddie Beagle, un personaxe fachendoso incapaz de disparar recto, alístase para fuxir do seu pasado. Eugene Skinner, un expatriado americano negro, desexa defender Francia, un país que lle demostrou tolerancia permitíndolle competir e converterse nun campión de boxeo, mentres que nos Estados Unidos no lle terían permitido achegarse a un avión. Durante as semanas iniciais da instrución, Rawlings coñece ó xefe de escuadrón Reed Cassidy, un mozo de 28 anos que xa se converteu nun veterano do voo de combate. Mentres os rapaces se adestran para manexar o último en biplanos franceses, o Nieuport 17, axiña se decatan da gravidade da súa situación: a esperanza de vida dun piloto é de tres a seis semanas.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]