Fly Williams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fly Williams
Posición Escolta
Información persoal
Nacemento 18 de febreiro de 1953 (71 anos)
Brooklyn, Nova York
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,96 m
Peso oficial 91 kg
Información da carreira
Instituto Glen Springs Academy
Universidade Austin Peay (1972–1974)
NBA Draft 1976 / Rolda: 9 / Elección: 152
Por Philadelphia 76ers
Carreira 1974 - 1980
Historial de equipos
Spirits of St. Louis (1974-1975)
Allentown Jets (1975-1976)
Lancaster Red Roses (1976-1977)
New York Guard (1978)

James "Fly" Williams, nado en Nova York o 18 de febreiro de 1953, é un ex xogador de baloncesto norteamericano. En 1978 logrou 100 puntos nun partido da Liga IS8 (máxima división da liga de institutos de Nova York).[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido en Brownsville, no barrio dr Brooklyn estudou no Instituto Madison, alí ao primeiro amosou interese polo béisbol pero era alto de máis para ser competitivo e pasouse ao baloncesto.[2] Despois de rematar o instituto recrutárono en 1972 para a Universidade Estatal Austin Peay en Clarksville (Tennessee).

Williams marcou na súa primeira tempada unha media de 29.4 puntos por partido, o quinto mellor dos Estados Unidos. O equipo de Austin Peay puido participar no torneo da NCAA e Williams anotou 26 puntos en cada un dos partidos clasificatorios pero o seu equipo caeu ante o da Universidade de Kentucky.

Na súa segunda tempada marcou 27.5 puntos por partido. O seu equipo cualificouse para torneo da NCAA e malia Williams marcar 26 puntos o seu equipo caeu na primeira rolda contra o Notre Dame por 108–66. Nos seus dous anos en Austin Peay marcou 1.541, unha media de 28.5 por partido.

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Os Denver Nuggets fixéronse con Williams na primeira rolda do draft ABA de 1974 mais venderon o seu contrato os Spirits of St. Louis. A tempada 1974–75 foi mala para Williams e o seu equipo. Logrou só 9.4 puntos por partido[3] e non xogou a tempada seguinte;(1975–76). Os Philadelphia 76ers selecciárono na novena rolda do draft da NBA de 1976 pero non se chegou a asinar contrato.[3] Williams entón xogou en equipos da CBA e na Liga do Leste.

Notas[editar | editar a fonte]