Flux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O flux ou decapante é un material que ten por misión facilitar o proceso de soldadura de metais.

Algúns dos materiais empregados como fluxes son o cloruro de amonio, o ácido clorhídrico, o cloruro de zinc e o cloruro de litio.

Nos procesos de soldadura o flux realiza principalmente dúas funcións: remover o óxido das superficies que van ser soldadas e facilitar a amalgamación, co que mellora as características de mollado da soldadura líquida.