Florida do Norte Central
Florida do Norte Central (inglés: North Central Florida) é unha rexión de tipo direccional dentro do estado de Florida, nos Estados Unidos, que comprende a parte norte central do Estado e engloba a Área Metropolitana de Gainesville (nos condados de Alachua e Gilchrist) e os condados da super-rexión de Florida do Norte de Bradford, Columbia, Hamilton, Lafayette, Madison, Marion, Putnam, Suwannee e Union. A maior cidade da rexión é Gainesville (sede da Universidade de Florida), mentres que a maior área metropolitana é a Área Metropolitana de Ocala. Outras cidades de importancia na rexión son Lake City, Live Oak e Palatka. No ano 2010 a rexión acadou unha poboación de 873.189 habitantes.
Florida do Norte Central | |
| |
Condados |
Alachua, Bradford, Columbia, Gilchrist, Hamilton, Lafayette, Madison, Marion, Putnam, Suwannee e Union |
Cidades maiores |
Do mesmo xeito que a chamada rexión da Franxa de Florida, esta rexión é recoñecida a miúdo como parte do chamado Sur Profundo, igual có resto do Estado[1]. A maioría dos brancos americanos en Florida do Norte Central son tradicionalmente descendentes de devanceiros ingleses sen mesturas.
A paisaxe e o clima de Florida do Norte Central non responde ao clima subtropical, típico de Florida. A súa paisaxe é de suaves outeiros dominados por magnolios e grandes aciñeiros do sur cubertos de brións españois.
A rexión tamén dispón de grandes bosques de piñeiros. O clima é bastante amornado durante todo o ano, pero ten invernos moi diferentes con temperaturas que caen por baixo de cero con bastante frecuencia.
Localización[editar | editar a fonte]
O condado máis ao sur de Florida do Norte Central, o Condado de Marion, limita co norte de Florida Central e algunhas rexións da área xeográfica da Costa Natural. Outros moitos condados da rexión limitan coa Costa Natural, incluíndo a Alachua, Gilchrist e Hamilton. Florida do Norte Central non está afectada polos furacáns tanto como os seus condados veciños do leste e o oeste.
Vilas e cidades[editar | editar a fonte]
Florida do Norte Central ten unhas poucas cidades e moitas vilas ou asentamentos poboacionais, algúns ao longo das ribeiras de ríos e lagos.
Nome da poboación |
Tipo de poboación |
Condado | Habitantes |
---|---|---|---|
Alachua | Cidade | Alachua | 9.272 |
Belleview | Vila | Marion | 4.509 |
Bell | Aldea | Gilchrist | 549 |
Brooker | Aldea | Bradford | 334 |
Fort White | Aldea | Columbia | 556 |
Gainesville | Cidade | Alachua | 126.047 |
Greenville | Aldea | Madison | 824 |
Hampton | Aldea | Bradford | 495 |
Hawthorne | Vila | Alachua | 1.428 |
High Springs | Vila | Alachua | 5.494 |
Interlachen | Vila | Putnam | 1.396 |
Jasper | Vila | Hamilton | 5.452 |
LaCrosse | Aldea | Alachua | 360 |
Lake City | Cidade | Columbia | 12.099 |
Lawtey | Aldea | Bradford | 730 |
Lee | Aldea | Madison | 386 |
Live Oak | Cidade | Suwannee | 6.919 |
Madison | Vila | Madison | 2.769 |
Micanopy | Aldea | Alachua | 606 |
Ocala | Cidade | Marion | 56.945 |
Palatka | Cidade | Putnam | 10.472 |
Pomona Park | Aldea | Putnam | 908 |
Reddick | Aldea | Marion | 508 |
Starke | Vila | Bradford | 5.405 |
Trenton | Vila | Gilchrist | 1.988 |
Waldo | Vila | Alachua | 1.022 |
Atracións de Florida do Norte Central[editar | editar a fonte]
A diferenza da Florida Central e da Costa do Sol, Florida do Norte Central non ten moitos parques de atraccións ou grandes parques temáticos. No seu lugar, contan con moitos parques de natureza. Tamén ten moitas pequenas vilas da época do cambio de século que representan á cultura Sur Profundo.
Unha importante atracción de Florida do Norte Central é ser a principal localización da Universidade de Florida e sede dos estadios dos seus equipos deportivos, os Florida Gators.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Gainesville Florida Population and Demographics Resources". Consultado o 30-6-2011 (en inglés)