Florida do Nordés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Florida do Nordés

Northeast Florida.PNG


Localización no estado de Florida

Condados

Baker
Clay
Duval
Nassau
St. Johns
Flagler
Putnam

Maiores cidades

Jacksonville
Fernandina Beach
Yulee
St. Augustine
Palatka
Palm Coast
Jacksonville Beach

Florida do Nordés (inglés: Northeast Florida), é unha rexión direccional dos Estados Unidos en Florida, situada na costa atlántica de Florida do Norte. Florida do Nordés comprende aos cinco condados que rodean a cidade de Jacksonville: Duval, Baker, Clay, Nassau e Saint Johns (coincidente en gran parte coa Área Metropolitana de Jacksonville) e máis os condados de Putnam e Flagler. Florida do Nordés esténdese pola mesma área que a rexión vernácula de Primeira Costa, aínda que esta non inclúe os condados de Putnam e Flagler.

Historia[editar | editar a fonte]

Historicamente tense a esta área como a primeira zona de Florida colonizada por europeos[1], feito do que se deriva a expresión e denominación Primeira Costa. Juan Ponce de León debeu chegar a esta rexión durante a súa primeira expedición en 1513 e a primeira colonia francesa de Forte Caroline fundouse en 1563 no que hoxe por hoxe é Jacksonville. Ademais, dentro de Florida do Nordés inclúese Saint Augustine, a poboación máis antiga dos Estados Unidos no continente en manterse habitada de xeito continuo desde a súa fundación en 1565[2].

A rexión direccional de Florida do Nordés refírese en gran parte á mesma área que a Primeira Costa. No estudo de 2007 de Lamme e Oldakowski subliñouse que "Florida do Nordés" xurdiu como unha das seis rexións direccionais comúns, xunto a Florida do Norte, Florida Central, Florida do Sur, Florida do Norte Central e Florida do Suroeste[3]. As fontes suxiren que o termo foi empregado en principio polas partes máis ao nordés do estado, é dicir, os condados de Nassau e Duval[4].

Non obstante, a axencia de desenvolvemento económico do estado, chamada Enterprise Florida, identifica a "Florida do Nordés" como unha das oito rexións económicas usadas pola axencia e outras entidades estatais e extra-estatais. Esta denominación inclúe aos cinco condados da área metropolitana de Jacksonville (Duval, Baker, Clay, Nassau e Saint Johns), así como aos condados de Putnam e Flagler, que están máis ao sur[5]. Outras organizacións como o Departamento de Transportes de Florida, a JaxUSA Partnership (o departamento de desenvolvemento rexional de negocios da Cámara de Comercio de Jacksonville) e o Consello Rexional de Florida do Nordés tamén empregan esta denominación[6][7]. De xeito similar, en xuño de 2013 o Estado creou a Comisión de Transporte Rexional de Florida do Nordés, que engloba a todos eses condados[8].

En principio, o termo Primeira Costa emprégase para usos turísticos e de promoción cultural (aínda que moitos floridanos tamén comezan a empregalo como unha denominación de orixe persoal), mentres que o termo Florida do Nordés obedece a un criterio máis administrativo. Ademais, hai que salientar o feito de que os condados de Flagler e Putnam quedan fora do perímetro da Primeira Costa, o que distingue os devanditos termos xeográficos un doutro. Non obstante, en 2013 o xornal The Florida Times-Union informou que a Primeira Costa ás veces esténdese tan ao sur como Flager Beach, no Condado de Flagler e que, na mesma área, o Condado de Saint John tiña comezado a empregar para si mesmo o termo "Costa Histórica" ({{lang-en|Historic Coast)[9].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lamme e Oldakowski, 2007, p. 332–333
  2. Calnan, 6-11-2012
  3. Lamme e Oldakowski, 2007, p. 229 e 334-335
  4. Lamme e Oldakowski, 2007, p. 229
  5. Anthony J. Catanese Center, 2006, p. 2
  6. JAXUSA Partnership for Regional Economic Development, ed. (2010). "Northeast Florida". www.jaxusa.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17-05-2013. Consultado o 17-6-2013. 
  7. Northeast Florida Regional Council, ed. (2013). "Regional Information". www.nefrc.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10-06-2015. Consultado o 17-6-2013. 
  8. Hawkins, Carole (14-6-2013). "Gov. Scott signs two transportation bills into law". Jacksonville Business Journal (en inglés). Consultado o 14-6-2013. 
  9. Dixon, 28-7-2013

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Referencias xornalísticas[editar | editar a fonte]