Floresta, Buenos Aires

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Floresta, Bos Aires»)
Modelo:Xeografía políticaFloresta, Buenos Aires
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 34°38′00″S 58°29′00″O / -34.6333, -58.4833Coordenadas: 34°38′00″S 58°29′00″O / -34.6333, -58.4833
EstadoArxentina
CidadeBuenos Aires
Commune of Buenos Aires (en) TraducirComuna 10 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación37.575 (2010) Editar o valor em Wikidata (15.656,25 hab./km²)
Xeografía
Superficie2,4 km² Editar o valor em Wikidata
Creación1857 Editar o valor em Wikidata

Floresta é un barrio situado ao oeste da cidade de Bos Aires, capital da Arxentina.

Localización[editar | editar a fonte]

As ordenanzas municipais nº 23.698 do 11 de xuño de 1968 e 26.607 do 4 de maio de 1972 estableceron os límites precisos de todos os barrios da Cidade de Bos Aires. Así, Floresta esténdese entre as rúas Juan Agustín García, Joaquín V. González, Av. Gaona, Cuenca, Portela, Av. Directorio, Mariano Acosta e Av. Segurola. Limita cos barrios veciños de Monte Castro, ao norte, Vila Santa Rita, ao nordeste, Flores, ao leste, Parque Avellaneda, ao suroeste, e Vélez Sársfield, ao oeste. Está situado na Comuna 10.

Información[editar | editar a fonte]

Cada 29 de agosto conmemórase a chegada en 1857 da locomotora La Porteña ao lugar denominado deste xeito.

Este barrio é recoñecido polo número de emigrantes galegos que se estableceron nesta zona da cidade desde principios do século XX. Precisamente, a rúa Galicia termina aquí.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goberno da cidade autónoma de Bos Aires (ed.). "Floresta Buenos Aires Ciudad". Buenos Aires Ciudad. Consultado o 23-4-2018. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.