Flora Murray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFlora Murray

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de maio de 1869 Editar o valor em Wikidata
Dumfries Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xullo de 1923 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Hampstead (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Durham (pt) Traducir
London School of Medicine for Women Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédica , suffragette Editar o valor em Wikidata
Membro de
Premios

WikiTree: Murray-22303

Flora Murray, nada en Murraythwaite, Escocia, o 8 de maio de 1869 e finada o 28 de xullo de 1923,[1] foi unha doutora británica, membro da "Woman's Social and Political Union".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Flora era filla de John Murray e Grace Harriet Graham.[2] Asistiu á London Medical School for Women e completou os seus estudos na Universidade de Durham. Traballou uns anos en Escocia antes de regresar a Londres.

En 1905, Murray foi oficial médica no Belgrave Hospital for Children, máis tarde serviu como anestesióloga no Chelsea Hospital for Women.

Sufraxismo[editar | editar a fonte]

Ingresou en 1908 á “Unión Social y Política de Mulleres”, realizando os seus oficios médicos entre as militantes. Foi oradora, marchou en concentracións e realizou probas de primeiros auxilios entre sufraxistas, acompañada por Emmeline Pankhurst e outros folguistas despois da súa saída de prisión.[3]

Hospital de mulleres para nenos[editar | editar a fonte]

En 1912 fundou o Hospital de Mulleres para Nenos, en 688 Harrow Road, coa doutora Louisa Garrett Anderson . Proporcionou servizos de saúde a nenos desfavorecidos da zona e brindoulles ás mulleres a oportunidade de adquirir experiencia en pediatría.[3]

Na primeira guerra mundial serviu en Francia no Corpo Hospitalario das Mulleres. Xunto á súa parella, a Dr. Louisa Garrett Anderson, estableceu hospitais militares para o exército francés en París e Wimereux . Os seus propósitos foron ao principio anulados polo exército británico, pero finalmente se lle permitiu continuar co seu traballo.

Os seus restos xacen na Igrexa da Santa Trindade xunto cos da súa colega Louisa Garrett Anderson en Penn, Buckinghamshire .

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A doutora e pioneira da medicina, Flora Murray, aparecerá nol novo billete de 100 libras do Banco de Escocia.[4]

Notas[editar | editar a fonte]