Fleur Kemmers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fleur Kemmers
Datos persoais
Nacemento4 de decembro de 1977
LugarRhenen wapen.svg Rhenen.
Utrecht (province)-Flag.svg Utrecht.
Países Baixos Países Baixos
NacionalidadeNeerlandesa.
Actividade
CampoNumismática, historiografía e arqueoloxía.
Alma máter- Universidade de Ámsterdam.
- Universidade de Nimega.
Contribucións e premios
Coñecida porEstudos de numismática romana.
editar datos en Wikidata ]

Fleur Kemmers, nada o 4 de decembro de 1977 en Rhenen, Utrecht, é unha arqueóloga, numismática e académica neerlandesa, profesora de Moeda e Diñeiro na Antigüidade na Universidade Goethe de Frankfurt.[1][2][3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kemmers graduouse en Arqueoloxía na Universidade de Ámsterdam en 1996 e, logo do seu mestrado, en 2000 trasladouse a Nimega para desenvolver o seu doutoramento na Universidade Radboud, desa cidade. As súas investigacións naquel momento centráronse nas moedas romanas atopadas na fortaleza lexionaria de Nimega, examinando o seu uso e a súa subministración na rexión do baixo Rin no século I d. de C. Fleur Kemmers acadou o seu doutoramento en 2005 e a súa tese foi publicada o ano seguinte.[1][2][5]

En 2003, Kemmers traballou tamén no Museo Real de Moedas e Medallas dos Países Baixos en Leiden, onde publicou achados monetarios no forte auxiliar (castellum) de Albaniana. Logo do seu doutoramento continuou a traballar na Universidade Radboud como investigadora, centrándose daquela nas moedas romanas do período militar da dinastía Severa (193-211), e en 2008 e 2009 foi profesora na mesma universidade.[2]

En 2010, Fleur Kemmers ingresou no departamento de Arqueoloxía Clásica da Universidade Goethe de Frankfurt, en Alemaña, para ocupar a praza de Moeda e Diñeiro na Antigüidade.[4][6] En paralelo ao seu labor docente, Kemmers continuou coas súas investigacións e os seus traballos acerca das cuñaxes romanas, entre os que cabe salientar a organización dunha exposición de moedas da colección da Universidade de Erlangen-Nuremberg, en 2014.[2][7]

En 2017 presentou unha investigación que ela codirixe xunto com Katrin Westner, baseada na análise de moedas romanas, na que se demostra a variación na composición das aliaxes de cuñaxe e a propagación da prata desde Hispania logo da derrota de Aníbal.[8][9][10]

Tamén é frecuente a aparición de Fleur Kemmers como especialista en documentais relativos á historia de Roma e á arqueoloxía.[11]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Monografías[editar | editar a fonte]

  • (2006): Coins for a legion. An analysis of the coin finds from the Augustan legionary fortress and Flavian canabae legionis at Nijmegen. Maguincia. Philipp von Zabern. ISBN 9783805337304
  • (2009): Coins in context I: new perspectives for the interpretation of coin finds. Maguncia. P. von Zabern (con H-Mvon Kaenel). ISBN 9783805340915
  • (2014): Lege artis: Festschrift für Hans-Markus von Kaenel. Bon. Habelt. ISBN 9783774939110
  • (2019): The functions and use of Roman coinage: an overview of 21st century scholarship. Leiden. Boston Brill. ISBN 9789004413528

Escolma de artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Prof. Dr. Fleur Kemmers". Goethe Universität Frankfurt am Main.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Kemmers, Fleur". En Coins Weekly. 20 de abril de 2016.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Prof. Dr. Fleur Kemmers". Academia.net. Swiss National Science Foundation.
  4. 4,0 4,1 "Prof. Dr. Fleur Kemmers". Numismatische Kommission der Länder in der Bundesrepublik Deutschland.
  5. Véxase (2006) en "Publicacións".
  6. "Neue Professur am Institut für Archäologische Wissenschaften der Uni Frankfurt". En Archaeologie Online. 2 de agosto de 2009.
  7. "Ausstellung: Münzen der Antike". Friedrich-Alexander Universität Erlanger-Nürnberg. 30 de xaneiro de 2014.</r ef> Entre 2016 e 2019 dirixiu o proxecto Syria Antiqua: objects and their stories in numismatics, de dixitalización das moedas grecorromanas da colección dos Museos Estatais de Berlín.<ref>"Syria Antiqua: objects and their stories in numismatics (additional funding for refugee scholars)". Digital Science & Research Solutions.
  8. "Analysis finds defeat of Hannibal 'written in the coins of the Roman Empire'. Science Daily.
  9. Pruschmann, S. B. (2017). "Roman Change: Ancient Coins Reveal Rise of an Empire". En Live Science. 16 de agosto.
  10. Forssman, A. (2017). "Roma se convirtió en una superpotencia gracias a la plata ibérica". En National Geographic. 14 de agosto.
  11. "Fleur Kemmers". IMDb.
  12. "W.A. van Es-prijs". Rijksdienst voor het Cultureel Erfgoed.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]