Flaminio Bertoni
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de xaneiro de 1903 Varese |
| Morte | 7 de febreiro de 1964 París |
| Lugar de sepultura | Cimetière d'Antony (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | escultor, enxeñeiro, deseñador industrial, pintor, arquitecto, deseñador |
| Profesores | Enrico Butti (pt) |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Premios | |
| Sitio web | expo-bertoni.com… |
Flaminio Bertoni, nado o 10 de xaneiro de 1903 en Masnago, Italia e finado en París o 7 de febreiro de 1964, foi un deseñador de automóbiles italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antes de traballar no deseño industrial, Bertoni foi escultor.[1] Traballando en Citroën durante décadas, Bertoni deseñou o Traction Avant (1934), 2CV, a Citroën H, o DS[2] e o Citroën Ami. O DS foi a miúdo exposto en vitrinas de deseño industrial, como a exposición da Trienal de Milán de 1957, e inspirou ao deseñador francés Henri Chapron, que produciu versións cupé e cabriolé do DS.[3]
En 1961, o ministro francés de cultura entregou a Bertoni o prestixioso premio Order des Arts et des Lettres. A provincia de Varese dedicoulle un museo á súa memoria,[4][5] inaugurado en maio de 2007. Dende 2016 o museo está situado no Parque Volandia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Flaminio Bertoni – Design/Designer Information". design.designmuseum.org. Arquivado dende o orixinal o 2015. Consultado o 2016.
- ↑ "Who designed important cars in history?". europe.autonews.com. Consultado o 2016.
- ↑ "Merci Mr Bertoni". online-oldtimers.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2022. Consultado o 2020.
- ↑ "Ad aprile aprirà il museo Flaminio Bertoni". varesenews.it. Consultado o 2016.
- ↑ "Varesefocus". univa.va.it. Consultado o 2016.