Saltar ao contido

Flamengo rosado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flamengo rosado
Phoenicopterus roseus
Peter Simon Pallas 1811 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Nome curto
P. roseus Editar o valor en Wikidata
 Sinonimia
Phoenicopterus antiquorum
Conservación
 Identificador UICN
 Área de distribución
Dimensións
 Lonxitude
132.5 cm Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePhoenicopteriformes
FamiliaPhoenicopteridae
XéneroPhoenicopterus
EspecieP. roseus
Identificadores
Freebase/m/018zf1 Editar o valor en Wikidata
ITIS824111 Editar o valor en Wikidata
OTT595567 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O flamengo rosado[1] (Phoenicopterus roseus) é a especie de flamengo cunha distribución xeográfica máis ampla. O seu territorio abrangue partes de África, Asia e do sur de Europa.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É un dos flamengos meirandes, de entre 120 e 140 cm de altura media, dos que 40 ou 50 cm corresponden ás patas. Está sistematicamente moi preto do flamengo de Chile e do flamengo de Cuba, cos que en ocasións se considera que forma unha especie única.

A súa plumaxe é case toda de cor branca rosada, coas plumas cobertoiras das ás vermellas. As plumas rémixes primarias e secundarias son negras. Ten o bico rosa coa punta negra. As patas son completamente rosadas. O seu berro característico é algo semellante ó dos gansos Coma tódolos flamengos aliméntanse de crustáceos e plancto que obteñen filtrando a auga.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Aprecen en partes de África, suroeste de Asia (incluída Anatolia), nas rexións costeiras da India e no sur de Europa (España, Portugal e na Camarga francesa). Algunhas poboacións son migratorias.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Crían en colonias en zonas planas e lamacentas á beira do mar ou lagos salgados. Poñen, coma tódolos flamengos, un único ovo, de cor branca, nun niño feito nunha pila de lama. Non crían cada ano e a incubación dura uns 30 días.

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]