Fiz
| Fiz | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |


Fiz[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o latín Felix que quere dicir «aquel que se considera feliz ou afortunado». En galego tamén ten a variante Fins.[2]
En xaneiro de 2023 existían 122 varóns en Galicia co nome Fiz, cunha media de idade de 13,1 anos,[3] e 8 co nome Fins, cunha media de idade de 14,2 anos.[4]
Orixe
[editar | editar a fonte]Fiz é o nome dun personaxe bíblico do Novo Testamento. Fiz foi un dos libertos do emperador Claudio, e por el designado para ser procurador de Xudea no 51. Cando Paulo foi enviado preso a Cesarea, mostrouse perante Fiz. (Feitos 23:24, 26; 24:3-27; 25:14).
O nome en Galicia
[editar | editar a fonte]30 parroquias teñen San Fiz, ben Fiz de Xirona, ben Fiz de Nola, coma patrón, e outras 10 coa variante do nome San Fins.
Equivalencias noutras lingua
[editar | editar a fonte]| Variantes noutras linguas | |
|---|---|
| Alemán | Felix |
| Aragonés | Feliu, Felix[5] |
| Asturiano | Feliz, Fliz[6] |
| Castelán | Félix |
| Catalán | Fèlix, Feliu |
| Checo | Felix |
| Esperanto | Felikso |
| Éuscaro | Peli |
| Francés | Félix |
| Grego | Φήλιξ (Félix) |
| Hebraico | פליקס |
| Inglés | Felix |
| Italiano | Felice |
| Letón | Fēlikss |
| Lituano | Feliksas |
| Latín | Felix |
| Neerlandés | Felix |
| Polaco | Feliks |
| Portugués | Félix |
| Ruso | Феликс (Feliks) |
| Xeorxiano | ფელიქს (Pheliks) |
Santoral
[editar | editar a fonte]A celebración do santo de Fiz corresponde a diferentes datas para a celebración da súa onomástica, porén as máis tradicionais son: o 14 de xaneiro (S. Fiz de Nola); o 18 de maio (S. Fiz de Cantalicio); o 29 de maio (S. Fiz ermitán español do século VIII nado en Zaragoza); o 30 de maio (S. Fiz I papa); o 5 de xuño (S. Fiz de Frizlar, monxe alemán); o 29 de xullo (S. Fiz II papa e mártir); o 1º de agosto (S. Fiz de Lión); o 22 de setembro (S. Fiz IV papa); o 6 de novembro (S. Fiz mártir africano e S. Fiz freire italiano do século VI); o 20 de novembro (S. Fiz de Valois); o 26 de novembro (S. Fiz de Ravena, bispo).
Personaxes célebres
[editar | editar a fonte]- Fiz I (* Roma, ¿202? – † 30 de decembro de 274). Papa nº 26 da Igrexa católica de 269 a 274.
- Fiz III, (* Samnio, ¿? – † Roma, 22 de setembro de 530). Papa nº 54 da Igrexa católica de 526 a 530.
- Fiz de Bizancio, bispo de Bizancio de 136 a 141.
- Fiz Vergara Vilariño, poeta galego do século XX.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- 1 2 Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Fiz". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
<https://academia.gal/nomes>. - ↑ Nome Fiz na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Fins na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ EDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. (en castelán)
- ↑ mieres.es (ed.). "NOMES DE PERSONA N’ASTURIANO" (PDF). Consultado o 13 de febreiro de 2026.