Fine Line (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Fine Line
Álbum de Harry Styles
Publicado13 de decembro de 2019
Duración46:37
Selo(s)
Producido por
Cronoloxía
Harry Styles (2017) Fine Line Harry’s House (2022)

Fine Line é o segundo álbum de estudio do compositor e cantante inglés Harry Styles, lanzado o 13 de decembro de 2019 a través de Columbia e Erskine Records. A temática do álbum inclúe a excitación inicial de coñecer a alguén, as roturas e "ter sexo e sentirse triste",[1] segundo declarou o propio Styles. A gravación foi descrita como pop rock, con elementos de pop progresivo, pop psicodélico, folk, soul, funk e indie pop.

O álbum componse de seis sinxelos, "Lights Up", "Adore You", "Falling", "Watermelon Sugar", "Golden" e "Treat People with Kindness", e debutou no número 3 de UK Albums Chart e no número 1 de Billboard 200, converténdose no segundo número 1 consecutivo de Styles nos Estados Unidos.[2] O álbum tivo as terceiras mellores vendas nunha semana do ano 2019 e rompeu o récord como o mellor debut dun artista masculino británico dende Nielsen SoundScan, vendendo 478 000 unidades.[2] Foi certificado co dobre platino nos Estados Unidos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sheffield, Rob (2019-08-26). "The Eternal Sunshine of Harry Styles". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-10-06. 
  2. 2,0 2,1 Caulfield, Keith (22 de decembro de 2019). "Harry Styles' 'Fine Line' Album Earns Huge No. 1 Debut on Billboard 200 Chart". Billboard. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2020. Consultado o 23 de decembro de 2019.